A Fundación Franco pide ilegalizar o BNG, que denunciará na ONU a organización fascista

O presidente da asociación franquista defende os golpes militares e a apoloxía do fascismo no debate en laSexta con Ana Pontón, quen anuncia que o Bloque levará a esta fundación ante a Organización das Nacións Unidas.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 17/09/2017 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

Esperpéntica. Non se pode cualificar doutro xeito a aparición e as declaracións do presidente da Fundación Francisco Franco, Gonzalo Fernández de la Mora, no cara a cara que mantivo a pasada noite no programa 'laSexta Noche' coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Exhibindo a bandeira da España franquista e facendo permanentemente apoloxía do fascismo, do franquismo e da violencia militar como recurso para acadar o poder -evidenciando que están á marxe da legalidade-, o máximo representante dos nostálxicos da ditadura pediu, paradoxalmente, a ilegalización do Bloque Nacionalista Galego pola ocupación simbólica do Pazo de Meirás, o pasado 30 de agosto, por, dixo, "uso da violencia por motivos ideolóxicos". Un contrasentido.

Debate en 'laSexta Noche' entre a portavoz do BNG, Ana Pontón, e o presidente da Fundación Francisco Franco, Gonzalo Fernández de la Mora Varela.
Debate en 'laSexta Noche' entre a portavoz do BNG, Ana Pontón, e o presidente da Fundación Francisco Franco, Gonzalo Fernández de la Mora Varela.

No debate, Ana Pontón lembrou que "noutros países da nosa contorna onde houbo ditaduras non se permite a legalización de fundacións que claramente pretenden facer apoloxía do fascismo", polo que non se entende que no Estado español se manteña legalizada como fundación de interese público unha organización que defende o franquismo, que "tomou o poder polas armas e asasinou a miles de persoas", argüíu a portavoz do Bloque, quen incidiu: "Isto non pasa noutros lugares".

Facendo gala do esperpento da Fundación Francisco Franco, o seu presidente respondeu que "contrariamente ao que dixo a señora Pontón, en Europa a apoloxía do fascismo é perfectamente legal, por exemplo, en Italia", onde en 1952 se aprobou a Lei Scelba, coa cal se prohibiu. "Pero naturalmente os parlamentos democráticos son corrixidos pola xustiza, como está sucendo agora co Parlamento catalán, que fixo unha serie de leis obviamente ilegais, e a xustiza española, efectivamente, anulou esas leis. Que pasou coa Lei Scelba? Pois que o Tribunal Supremo italiano decretou que era perfectamente legal a defensa eloxiosa da figura de Benito Mussolini e do fascismo en xeral. Iso é así até o punto de que en Italia hoxe é perfectamente legal o saúdo romano, é dicir, o saúdo fascista, como saíu nunha sentenza de xuño deste ano", expuxo Fernández de la Mora.

"É dicir, nada de remitirse a Europa. En Europa é perfectamente legal a apoloxía do fascismo, en España é perfectamente legal a defensa eloxiosa da figura de Francisco Franco e, naturalmente, a nosa idea é facelo", insistiu o presidente da fundación franquista.

Pontón, durante a súa intervención, lembrou o dano e os delitos cometidos polo franquismo, e criticou duramente o pacto acadado na Transición española para non tocar nin levar aos tribunais a ningún responsable da ditadura nin a quen fai apololoxía dos crimes franquistas: "A min o que me sorprende é que unha fundación preconstitucional e fascista durante todos estes anos de democracia non fose ilegalizada. Porque cando un analiza a Lei de fundacións o que sorprende é que unha fundación que incita e defende o franquismo poida considerarse unha fundación de interese xeral. Alguén cre que é de interese xeral para o Estado español difundir a figura de Franco? Eu creo que máis ben é unha ofensa ás miles de persoas asasinadas, represaliadas, exiliadas e a todas as persoas que queremos unha democracia plena", dixo a líder do BNG.

O nivel do esperpento franquista elevouse aínda máis cando o presidente da Fundación Franco defendeu publicamente os golpes militares con argumentos peregrinos: "Dona Ana Pontón considera que é ilexítimo tomar o poder pola forza das armas. Esa é unha afirmación que carece de toda base. Por exemplo, o poder en Francia ou en Italia ou en Alemaña conquistouse pola forza das armas americanas, como todo o mundo sabe. A toma do poder pola forza militar é a base do poder na maior parte dos países", dixo ante unha Pontón estupefacta ante o que estaba escoitando.

DENUNCIAS MUTUAS

Esta descarada apoloxía do fascismo, da ditadura franquista e do caudillo é o que levará ao BNG a denunciar ante a propia Organización Mundial das Nacións Unidas a Fundación Francisco Franco para a súa ilegalización. Para a portavoz nacional do Bloque, a existencia desta asociación "é un síntoma de até que punto a Transición foi fallida e deixou uns pozos negros na democracia que non son tolerables". Por iso, anunciou, "imos levar esta denuncia á ONU".

Porén, e afondando no absurdo, Fernández de la Mora anunciou tamén que a Fundación Francisco Franco levará ante os tribunais españois o BNG. Así, dixo: "Profundando no tema da ilegalización do BNG, que é o tema clave que nos ocupa, a propia Ana Pontón, no seu Twitter, o mesmo día do asalto, dixo: os nacionalistas ocupamos o Pazo de Meirás. Ela mesma mesma solidarízase cunha actuación claramente delitiva, claramente tipificada no código penal da democracia. Nese código penal, no artigo 155, defínese con toda claridade que promover ou defender o uso da violencia ou o odio contra persoas ou asociacións por motivos ideolóxicos é causa de ilegalización de calquera entidade, incluído calquera partido político. É unha evidencia que o BNG promoveu, e exclusivamente por motivos ideolóxicos, un ataque violento, que é violación de morada, contra a residencia dunha persoa e que está xestionada por unha asociación".

Paradoxalmente, o presidente da Fundación Franco fai apoloxía pública do fascismo e defende a lexitimidade da violencia militar para acadar o poder político, pero condena unha ocupación simbólica dun Ben de Interese Cultural que cualifica de "violencia e odio por motivos ideolóxicos". Un esperpento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

8 Celtia

Ilegalizacion del BNG es el deseo de todo buen gallego. Bien por la fundación F. Franco

1 XDDD

a mamar, bobalicona!! jajaja

7 Cuñaooo

Oh... Menos mal que a seudoesquerda galaica e española ten a súa canle televisiva todos os días para recibir o argumentario inconsciente co que nos torturarán mentalmente ao resto toda a semana. Por certo, o presentador, conducía hai ben anos unha tertulia de verdade na televisión vasca... Pero en fin... A paixón vasca pola capetal tamén existe... Non iamos ser só os galegos. En fin resumo: aturo aos que ven a outra canle do grupo e a estes toda a semana. https://es.wikipedia.org/wiki/Atres...

1 Cuñaooo

E abúrrenme igual os dous grupos de televidentes... Pero non sabedes pensar por vós mesmos? Teñen que volo dar todo dixerido e ben pensadiño para que nos torturedes aos que aínda temos algunha neurona a funcionar. Home, pasar pásoo peor cos e coas que me pretenden contar a última novela da Grandes ou de Pérez Reverte. Non vos dades conta do iguais que sodes no fondo...

6 nostrus

Tomar o poder coas armas non necesariamente é ilegal, de feito en Portugal alcanzaron a democracia da man do golpe de estado. O que é ilegal é chegar ao poder contra as leis feitas en democracia, como estan intentando os sepa-ratas catalans que ademais contan coa simpatia dos sepa-ratas galegos. Tanto o bloque como a Fundacion Franco son duas facianas distintas do fascismo, que se odian entre elas, pero que ao estar en democracia teñen direito a sua existencia porque en democracia cabemos todos, cousa que non sucederia si mandara calquera deles. Nas nosas mans está que os fascismos non pasen de estar en estado embrionario e que non podan soltar a sua maldade.

5 Comunistasnon

Vergoñenta redacción mesturando información, opinión e consigna de partido de esquerdas. Parecedes A Voz. Esa bandeira é constitucional, goste ou non, e o escudo estivo vixente ata 1981. A pontona na sua liña habitual de lorito desinformado pero moi ben pagado.

1 nostrus

Te confundes un poco porque esa bandera es preconstitucional. La que estuvo vigente hasta 1981 es otra que tambien tiene un aguilucho, pero de otro formato. De todos modos ninguna bandera es inconstitucional ni anticonstitucional, podrá ser oficial o no y para mi merece el mismo asco que la estelada, la gallega con la estrella roja o la republicana. por otra banda si el bloque se manifiesta tan contrario con la ilegalidad que cometio el franquismo tambien deberia estarlo con la ilegalidad que cometen sus homologos catalanes, pero el bloque solo es democrata a tiempo parcial.

4 Sumballe

É tan lexítimo conseghi-lo podere pola vía democrática coma pola vía da loita armada.