Feijóo lembra que o BNG quixo manter no bipartito ao actual director de Ordenación Forestal

“Houbo un conselleiro do Bloque que lle plantexou que seguira”, dixo o presidente da Xunta sobre Tomás Fernández-Couto, ao que toda a oposición pide a dimisión.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, está no punto de mira de toda a oposición pola xestión da vaga de lumes deste outubro e todos os grupos, sen excepción, pediron xa a súa dimisión do cargo pola gran descoordinación que houbo no domingo negro. E un dos que máis insistiu nesta petición foi o BNG.

Tomás Fernández Couto
Tomás Fernández Couto

E, precisamente, este xoves, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, contraatacou e lembrou que foi, precisamente, un ex conselleiro do BNG, en alusión a Alfredo Suárez Canal, titular de Medio Rural durante o bipartito, o que lle pediu que seguira no cargo. Fernández-Couto xa estivera de coordinador da política forestal durante a época de Fraga.

“Houbo un conselleiro do Bloque, e non fai falla que diga o nome, que lle plantexou que seguira no cargo”, indicou Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta Así, lembrou que leva máis de dúas décadas á fronte da área. Por iso, considerou "inxusto" responsabilizar a unha única persoa, "a este director xeral, en concreto", do ocorrido.  Neste contexto, reivindicou o labor da Xunta durante a vaga de incendios "que traballaba para apagar mentres outros estaban a prender" e insistíu en que, ademais, o seu goberno foi “moi rápido” na concesión de axudas. 

Sobre cambios na política forestal e a coordinación de emerxencias, Feijóo evitou pronunciarse con claridade. “Temos un plan forestal que hai que poñer en marcha, aínda que sexa susceptible de algúns cambios” indicou. Con respecto á coordinación evitou responder. “Teño xa unha comparecencia na que darei cumprida conta de todo o acontecido”, limitouse a responder a este medio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 LKI

Non se preocupen, o BeNeGá anda máis procupado en promocionar nas deputacións nas que co-goberna o historial de guerra suxa e torturas da benemérita espaÑola en Euskadi: https://twitter.com/Depucoruna/stat...

2 Leike

Mira ti para Feijóo que o que fai sempre é seguir ao bloque e van é atácano. Pobriño!

1 Finezza

Pois visto o visto foi unha boa decisión. Basta de escusas: demisións e ceses xa. Lembro que varios días despois este señor nin sequera se molestou en pedir desculpas: http://www.galiciaconfidencial.com/...