A mancha do narcotráfico segue ensuciando a imaxe pública de Feijóo

A relación do presidente da Xunta co narcotraficante Marcial Dorado foi o máis exitoso en Twitter da súa conversa co xornalista Jordi Évole no programa de televisión 'Salvados'.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/03/2018 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

Había enorme expectación por ver a entrevista do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, con Jordi Évole no programa 'Salvados' de La Sexta. A cadea xa se encargara nos días previos de facer unha boa campaña promocional, poñendo o acento nun tema agora de máxima actualidade e que no pasado zarrapicou ao actual presidente do Goberno galego: o narcotráfico en Galicia e a súa relación coa política. O polémico secuestro xudicial do libro 'Fariña' de Nacho Carretero serviulle como perfecta escusa a Évole para retomar o escándalo no que se veu envolto o presidente da Xunta cando se revelaron fotos súas nun iate co narcotraficante Marcial Dorado. Un escándalo non resolto e que segue manchando a imaxe pública de Feijóo.

Alberto Núñez Feijóo e Jordi Évole, no programa 'Salvados'.
Alberto Núñez Feijóo e Jordi Évole, no programa 'Salvados'.

A entrevista, emitida este domingo, 4 de marzo, converteuse na principal tendencia nas conversas de Twitter en España, onde a etiqueta #FeijóoSalvados —proposta polo propio programa de La Sexta— reuniu 15.172 chíos entre as 16.26 horas —cinco horas antes de comezar a emisión— e as 23.59 horas.

O momento de ouro foi ao comezo do programa, arredor das nove e media da noite, cando se chegaron a contabilizar até 6.792 tweets coa etiqueta #FeijóoSalvados.

Os chíos de Jordi Évole e da conta oficial do programa 'Salvados' foron os que máis impacto tiveron. E entre estes, os máis rechouchiados foron os que se referiron á relación de Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado, o tema estrela en Twitter: os tres tweets máis rechouchiados foron mensaxes sobre este tema que aínda mancha a reputación do presidente da Xunta de Galicia.

Entre os dez chíos máis populares coa etiqueta #FeijóoSalvados, catro mencionaron a relación de Feijóo con Dorado. Pero entre os chíos con máis retweets, os de máis éxito, tamén houbo críticas á opinión do presidente galego sobre a folga feminista convocada para este 8 de marzo; ao borrado da pintada nun muro na aldea de Feijóo, Os Peares, onde se realizou a entrevista, na que se lía “I hate Feixóo. Me too” ("Eu odio a Feixóo. Eu tamén"); a xestión da sanidade e da educación públicas, ou a súa candidatura a suceder de Rajoy.

Evolución das publicacións en Twitter coa etiqueta #FeijóoSalvados
Evolución das publicacións en Twitter coa etiqueta #FeijóoSalvados | Fonte: Datos recollidos por Galicia Confidencial.

Entre críticas e manchas do pasado que aínda non se borraron, no cuarto posto dos chíos máis populares coouse o propio Feijóo, cunha mensaxe na que agredeceu o amplo seguimento que tivo a súa entrevista e na que xustificaba así a súa intervención: "El criterio para acceder a una entrevista no debe ser si es más o menos favorable. Siempre es una buena ocasión poder mostrar Os Peares, mostrar Galicia".

TWEETS CON MÁIS RECHÍOS Rechíos  
RT @jordievole: - ¿Ha visto 'Narcos'?
- No.
- Bueno, narcos sí ha visto... pero me refiero a la serie.
#FeijóoSalvados
1171 Tweet
RT @salvadostv: #FeijóoSalvados | Feijóo hizo, al menos, 5 viajes junto al narco Marcial Dorado a finales de los 90. Asegura que no sabía quién era, aunque su nombre apareció centenares de veces en la prensa.

De esa relación habla el libro que le hemos regalado: #Fariña https://t.co/Yk8QTqJcuS
530 Tweet
RT @Kela_la_la: ¿Para qué leer Fariña cuando lo has vivido en primera persona? #FeijóoSalvados https://t.co/LcpCnLqllQ 240 Tweet
RT @FeijooGalicia: Gracias a todos por seguir #FeijóoSalvados. El criterio para acceder a una entrevista no debe ser si es más o menos favorable. Siempre es una buena ocasión poder mostrar Os Peares, mostrar Galicia 235 Tweet
RT @Cazatalentos: #FeijóoSalvados pasaba las fiestas navideñas en el chalé que Marcial Dorado tiene en la Isla de Arousa, sin conocerlo de nada. También asistían otros narcos, que tampoco conocía de nada. 221 Tweet
RT @RubenSanchezTW: Lo que deja #FeijóoSalvados es que no te puedes fiar de lo que diga el presidente de Galicia. Una opinión y la contraria en menos de un minuto https://t.co/ovswDL7gjd 189 Tweet
RT @cristina_pardo: Si Feijóo no contempla que Rajoy se retire, me pregunto por qué ha empezado ya la gira. #FeijóoSalvados 183 Tweet
RT @salvadostv: Defiende la sanidad y la escuela pública. No siempre la practica. #FeijóoSalvados https://t.co/oF9SFWVKQo 142 Tweet
RT @salvadostv: “¿Por qué la huelga del #8M la han convocado ahora?”
#FeijóoSalvados https://t.co/qgfFZPSPxx
141 Tweet
RT @pabloruizbcn: Esta es la pintada, días antes que alguien la borrase (de manera poco discreta, eso sí...) #FeijóoSalvados https://t.co/QIKQunDnGc 136 Tweet
RT @PabloMM: Vaya, qué fallo el de las feministas al no consultarle a Feijóo cuando le viene bien la huelga. #FeijóoSalvados 132 Tweet
RT @andresnosenada: #FeijóoSalvados
Pregunta Feijoo que por qué hay una huelga justo en este año...

Que alguien le cuente a este ignorante que esta huelga feminista es en 40 países... https://t.co/xkKY0Hg3YL
124 Tweet

OS MÁIS ACTIVOS

Por último, entre os usuarios máis activos en Twitter coa etiqueta #FeijóoSalvados destaca a conta @blogsJusticia, dos funcionarios deste sector, en plena disputa entre Xunta de Galicia e traballadores da Xustiza galega, que manteñen desde o pasado 7 de febreiro unha folga indefinida. Esta conta foi a segunda con máis actividade na conversa en Twitter sobre a entrevista de Feijóo en La Sexta.

Usuarios máis activos en Twitter coa etiqueta #FeijóoSalvados
Usuarios máis activos en Twitter coa etiqueta #FeijóoSalvados | Fonte: Datos recollidos por Galicia Confidencial.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 folloneiro

Todo o mundo falando de Feijoo, para ben ou para mal. E os da pobre oposición agardando que os nomeasen no programa. Nin se acordou deles. Moi probablemente "o folloneiro" non saiba nin quen son. Pero nada, que sigan "ata a cona" ou propoñendo máis policías na Ferrolterra, que Feijoo non ten de que preocuparse

1 Fabio

Estes do Twitter votaron algunha vez a Feijoo? Pois entón sin problemas 4 lexislatura