Xornal materializa a súa aproximación ao PSOE

O diario coruñés renova o seu Consello de Administración con xente vinculada aos socialistas. A operación está pactada co propio Pachi Vázquez.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 24/02/2011 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O empresario Alfonso Paz-Andrade é, desde hai uns días, o novo presidente do Consello de Administración de Xornal de Galicia, SA. Substitúe no cargo a Domingo Docampo. Con el tamén estarán Xosé Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz Pardo, como cepresidente primeiro e Miguel Barros, histórico dirixente socialista, que xa formaba parte do Consello de Administración, como vicepresidente segundo.

Con este cambio, Xornal de Galicia materializa a súa aproximación ao PSOE, partido co que xa mantiña lazos moi activos nos últimos meses. De feito, os tres máximos dirixentes do Consello de Administración están vinculados, ben de xeito directo ou indirecto, ao Partido Socialista. O novo presidente do Consello de Administración mantén boas relacións co PSOE e mesmo chegou a aconsellar ao ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, en varios asuntos importantes durante o Bipartito. Xosé Díaz é fillo dun histórico galeguista e moi próximo ao socialismo e Miguel Barros foi concelleiro do PSdeG en Vigo. Todos eles teñen en común, ademais,  unha visión galeguista de Galicia.

Cambio pactado

Segundo fontes da dirección do PSdeG consultadas por GC, este cambio foi pactado cos socialistas e o propio Pachi Vázquez e José Blanco supervisaron os nomeamentos e a nova liña de Xornal que, a partir de agora, manterán unha vinculación máis estreita con este partido. O obxectivo, segundo as fontes consultadas, é que Xornal "contrarreste" as informacións "maliciosas" doutros medios de comunicación, especialmente, de La Voz de Galicia, que nos últimos tempos mantén unha liña moi dura contra o secretario xeral socialista e contra o PSdeG, en xeral.

Tamén José Blanco foi partícipe deste cambios. De feito, o ministro e número dous do PSdeG é un dos  dirixentes políticos mellor tratados no xornal coruñés.
Un cambio que tamén vai aparellado a actual situación económica de Xornal que non ten ningún tipo de axuda nin subvención por parte da Xunta de Núñez Feijóo. O propio director deste medio, José Luis Gómez, xa mantén esta línea de aproximación desde hai meses.

GC púxose en contacto con Xornal de Galicia para coñecer a súa opinión. Nun comunicado sinalan que esta decisión adoptouse o pasado venres en Vigo, "cidade que terá un papel máis destacado na estrutura empresarial e editorial de Xornal". "É só o movemento máis visible no reforzo dun medio que quere crecer como alternativa en Galicia e que ampliará a súa estrutura nos próximos meses", apunta.

"Borrar" ao BNG

"Do que se trata é de  borrar a idea de que isto é un xornal do BNG", apuntan xornalistas do propio medio consultados por GC. E é que, o nacemento de Xornal está moi vinculado a Quintana e ao BNG. Unha foto do ex líder nacionalista e do promotor deste diario, Jacinto Rey, provocou unha campaña mediática sen precedentes xusto antes das eleccións autonómicas.

Sen embargo, desde entón, a relación deste medio cos nacionalistas foi de máis a menos. A UPG sempre criticou a súa liña "progre" e "falsamente galeguista" e con Máis Galiza e o seu líder, Carlos Aymerich, non hai "moita sintonía". Pola contra, co PSdeG aconteceu o contrario, e a vinculación cos novos dirixentes socialistas e con Pachi Vázquez foi de menos a máis.

Menos novas en galego

Por outra banda, e desde hai máis dun mes, a dirección do Xornal deu ordes de diminuir a publicación de novas en galego na súa edición dixital. "Non é algo que se teña transmitido de xeito oficial nin a todas as seccións pero si que hai a xente que se lle dixo iso", aseguran profesionais de Xornal consultados. "A min dixéronme que había que publicar menos en galego que así non vendiamos na rede", comenta outro xornalista coruñés. Este punto non puido ser contrastado con fontes da dirección do xornal.

Con todo, segundo outras fontes consultadas esta orde pode ter máis que ver con cuestións técnicas que ideolóxicas xa que o buscador de Google discrimina ás publicacións que están escritas en galego e prima as que están en castelán.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 98 comentarios

35 integremos

Queremos un xornal que publique o 40% dos seus contidos en galego, ou outros que non publican nada no noso idioma e encima arremeten contra el?. Os galeguistas sempre soñamos con ter xornais en galego, e este é o mellor que podemos atopar no quiosco. Eu son votante do BNG ou me absteño. E non por estar en contra de moitas cousas que fai o BNG, son de PSOE. Porque das ideas do PSOE estou nas antípodas. Os nacionalistas galegos debemos de ser intelixentes e integradores. Xa que só desde o poder se poden levar a cabo moitos ideais.

1 Uno de Coruña

ja,ja. Es que me parto. Votante del Bloque dice. Vosotros a seguir así, a hacerle el juego a los del PSOE que así estais siempre de tontos útiles. Lo fuisteis en la Xunta y ahora con este periodico. Insisto, es que me parto.

2 saña

Mais tontos inutiles son os que ciscan o voto pra o Psoe qe enriban lles paga facendo a politica neoliberal da dereitona, rebaixas de salarios, pensions,etc. e pra Galiza son tan letales como o PP. se non ateñamonos os feitos.

3 Rafael Rocha

Pois se es votante do BNG...deixa de votar á UPG. Fai país, sen dogmatismos e sobre a realidade, únete a CG (Converxencia Galega).

34 Carlos

Na marxe dereita da páxina de inicio pódese clickar 100% en galego, é importante que todos o fagamos, pois eles miran as estatisticas. Saúdos

1 Un_coruñés

Non penso activar esa opción porque as traducións automáticas son unha vergoña para idioma. As miñas visitas a Xornal subirán ou baixarán tan rápido como baixa ou sube a súa porcentaxe de galego...

2 caralladas_

Pois no Xornal de hoxe (prensa escrita, non online) excluido cultura e opinión (que a escribimos os de fora) hai un 10% de novas en galego. Un 0% nas seccións españa, mundo, en clave e deportes, un 10% na sección actualidade e un 20% nas seccións galicia (manda truco) e economía. A min que se arrime al psoe me la pela. É máis, canto máis plurais, e máis xente do pp, psoe, bng e sobre todo non-políticos participen, mellor. Pero por unha reducción do galego á mínima expresión non paso.

33 Carlos Parada

O anunciado hai bempo. Quintana acabará no Psoe e o Xornal servindo a practica españolista. Curta vida ao Xornal!

1 Alucinante

Iso. Cuarta vida ao Xornal! Panda de ignorantes. É o que merecedes. Quedar coa Voz e vivir felices. Que pena de país

32 xornalisto

Xornal é menos nacionalista e máis socialista?. Home, pois non lle sei. Desde logo estamos de acordo en algo, é o único que non controla o PP. A ver en que xornal galego un candidato á alcaldía do BNG ten tres follas nunha entrevista "en positivo" para dicir o que lle pete. A ver que xornal adicou máis follas ás dúas folgas xerais que tivemos en Galicia nos últimos meses e animou ós traballadores a loitar polos seus dereitos. Na vez de participar na campaña antisindicatos e antifolga de la coz e asociados...A ver onde pode vostede ver como nova a corrupción do PP e non o absoluto SILENCIAMENTO que ten a outra prensa galega mentres buscan debaixo das pedras tiquets da ORA que non pagase álgún membro do PSOE ou do BNG....

1 si o si

De todos non fala, ou sexa que hai silencios cómplices, ou non sabes que Pepe Blanco ten amigos empresarios que fan negocios fomentados... Moi curtos andades no BNG, curtos de miras, mesmo mexan por vós e dicides que chove.

2 xornalisto

uff, quen non pensa coma tí é do BNG?. En Galicia só hai 2 xornais: XdG e tódolosdemáis. Os dous son sectarios no seu. Sen a existencia dos dous ó mesmo tempo non hai pluralidade.

3 Sindicalista

Apoiando a folga xeral? A que montaron os de Xornal cando non puido saír o seu periódico porque na impresión en Vigo non había travalladores... botándolle a culpa aos sindicatos, aos piketes e tal, como la razón ou el abc

31 mimi

Que Bueno, Miguel Barros!!! Despois do seu paso por A Nosa Terra, que agora está onde está...

1 saña

Pasou pola Nosa Terra como o cabalo de Atila, e agora eu preguntome, non seria esto unha maniobra florentina de xeito de pechar o semanario nacionalista pra que o BNG tivera menos poder mediatico? ca complicidade cegata de alguns "patriotas"?

2 si o si

Caeu o Saña da burra, non era sen tempo.

3 misal

Miguel Barros é "piñeirista". Os piñeiristas eran aqueles "galeguistas" que renegaban dos partidos nacionalistas para integrarse no PP e no PSOE, con isto xa está todo dito.

4 saña

Paspan do si, si leeras atinadamente a informacion entenderias porque a UPG, non lle chiscaba nada a liña de este Xornal, nin con Quintana na poltrona, menos mal pra os Patriotas eque inda temos o Terra e Tempo, e con boa saude o cabo de un ano de dixital.

5 ciri-gaio

os patriotas vendidos ao capital, vai lamberlla ao Gayoso en Cangas, ao Tojeiro en Ferrol, ao Martínez Nuñez no Courel... os patriotas que mentras cantan os hinos levanta o puño esquerdo e coa dereita contan as moedas... os vendidos da UPG que fan pallas mentais no Terra e Tempo mentres trincan do poder... a vosa patria é o capital. E claro, todo o que non controlamos é do enemigo: bailemos pola desfeita do Xornal!