Xornal materializa a súa aproximación ao PSOE

O diario coruñés renova o seu Consello de Administración con xente vinculada aos socialistas. A operación está pactada co propio Pachi Vázquez.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 24/02/2011 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O empresario Alfonso Paz-Andrade é, desde hai uns días, o novo presidente do Consello de Administración de Xornal de Galicia, SA. Substitúe no cargo a Domingo Docampo. Con el tamén estarán Xosé Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz Pardo, como cepresidente primeiro e Miguel Barros, histórico dirixente socialista, que xa formaba parte do Consello de Administración, como vicepresidente segundo.

Con este cambio, Xornal de Galicia materializa a súa aproximación ao PSOE, partido co que xa mantiña lazos moi activos nos últimos meses. De feito, os tres máximos dirixentes do Consello de Administración están vinculados, ben de xeito directo ou indirecto, ao Partido Socialista. O novo presidente do Consello de Administración mantén boas relacións co PSOE e mesmo chegou a aconsellar ao ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, en varios asuntos importantes durante o Bipartito. Xosé Díaz é fillo dun histórico galeguista e moi próximo ao socialismo e Miguel Barros foi concelleiro do PSdeG en Vigo. Todos eles teñen en común, ademais,  unha visión galeguista de Galicia.

Cambio pactado

Segundo fontes da dirección do PSdeG consultadas por GC, este cambio foi pactado cos socialistas e o propio Pachi Vázquez e José Blanco supervisaron os nomeamentos e a nova liña de Xornal que, a partir de agora, manterán unha vinculación máis estreita con este partido. O obxectivo, segundo as fontes consultadas, é que Xornal "contrarreste" as informacións "maliciosas" doutros medios de comunicación, especialmente, de La Voz de Galicia, que nos últimos tempos mantén unha liña moi dura contra o secretario xeral socialista e contra o PSdeG, en xeral.

Tamén José Blanco foi partícipe deste cambios. De feito, o ministro e número dous do PSdeG é un dos  dirixentes políticos mellor tratados no xornal coruñés.
Un cambio que tamén vai aparellado a actual situación económica de Xornal que non ten ningún tipo de axuda nin subvención por parte da Xunta de Núñez Feijóo. O propio director deste medio, José Luis Gómez, xa mantén esta línea de aproximación desde hai meses.

GC púxose en contacto con Xornal de Galicia para coñecer a súa opinión. Nun comunicado sinalan que esta decisión adoptouse o pasado venres en Vigo, "cidade que terá un papel máis destacado na estrutura empresarial e editorial de Xornal". "É só o movemento máis visible no reforzo dun medio que quere crecer como alternativa en Galicia e que ampliará a súa estrutura nos próximos meses", apunta.

"Borrar" ao BNG

"Do que se trata é de  borrar a idea de que isto é un xornal do BNG", apuntan xornalistas do propio medio consultados por GC. E é que, o nacemento de Xornal está moi vinculado a Quintana e ao BNG. Unha foto do ex líder nacionalista e do promotor deste diario, Jacinto Rey, provocou unha campaña mediática sen precedentes xusto antes das eleccións autonómicas.

Sen embargo, desde entón, a relación deste medio cos nacionalistas foi de máis a menos. A UPG sempre criticou a súa liña "progre" e "falsamente galeguista" e con Máis Galiza e o seu líder, Carlos Aymerich, non hai "moita sintonía". Pola contra, co PSdeG aconteceu o contrario, e a vinculación cos novos dirixentes socialistas e con Pachi Vázquez foi de menos a máis.

Menos novas en galego

Por outra banda, e desde hai máis dun mes, a dirección do Xornal deu ordes de diminuir a publicación de novas en galego na súa edición dixital. "Non é algo que se teña transmitido de xeito oficial nin a todas as seccións pero si que hai a xente que se lle dixo iso", aseguran profesionais de Xornal consultados. "A min dixéronme que había que publicar menos en galego que así non vendiamos na rede", comenta outro xornalista coruñés. Este punto non puido ser contrastado con fontes da dirección do xornal.

Con todo, segundo outras fontes consultadas esta orde pode ter máis que ver con cuestións técnicas que ideolóxicas xa que o buscador de Google discrimina ás publicacións que están escritas en galego e prima as que están en castelán.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 98 comentarios

25 no pasa nada

Y si asocia con el PSOE que inconveniente hay. ¿La Voz no es del PP?, pues tampoco pasa nada que Xornal sea del PSOE. Por lo menos hay un medio que le echa dos cojones a los peperos

24 Carlos

"Crónica de una muerte anunciada". Xa se vía vir. O de Xornal é bandazo tras bandazo ata o bandazo final. Agardo que, polo menos, lles vaia ben cos do psoe pero para min RIP

23 Manoel Bello

XdG é o 2* diario máis lido no meu concello, Mesía. 5-6 subscritores, casa da cultura, dous bares...e non vexades o ben que fai. Se non vos gusta, non o compredes. Controlade os 20.000 euros, DOG...diarios que recibe dos nosos impostos o españolista de Santiago Rey e a súa máquina de chupar-culo de Feijóo e de axudar a desfacer o País Galego. Qué pouco pensades en Galicia algúns que disfrutades criticando ao mellor diario galego, con diferencia. Tiña razón o crego galeguista e agrarista Basilio Alvarez: que a metade dos labregos merecían matalos. Eu digo que a metade dos/as nacionalistas poñenlle esixenxias á sobremesa cando nin poden pagar un bo primeiro prato. O nacionalismo galego actual está moi, pero que moi, enfermo. Mais chegará o remedio. Despois ficaremos con bos medios de comunicación: La Voz de su puto amo e reviviremos, cunha empresa tapadeira, o GZnación. E todos/as felices e autocompracernos.

1 Xanciño

Debes ser o único responsable local que ameaza permanentemente con irse do Bloque. Vaite para o PSOE home! Aí terás carguiño fixo. Aínda lembro os teus discursos soberanistas...

2 salgueira

Manolo, cuidate que te vexo mal. Ou arre ou xo, pero non botes pedras permanentemente contra o teu tellado !! iso non é de bos cristiáns !

3 vixiando

Benvidas as tuas palabras Manoel. Preguntei por ti e dixéronme que o único que podería salvar ao BNG de Mesía sería descabezalo pois os que levades quinquenios aí estades mais ca amortizados, odiados, por eso sodes incapaces de subir si non renovades caras e actitudes. Pero ainda sabedor de que es un freo ao BNG en Mesía volverás a ser o cabeza de lista e volverán os malos resultados. Deixa espazo e liberdade á xente nova, que a tedes e moi ilusionada, pero tapada polos que seguides a controlar e dirixir.

22 Pedriño 2

Para que poñer uns molinillos se podes poñer uns cantos raís de AVE que teñen mellor prezo? Do chollo eólico ao superchollo viario?

21 PEDRIÑO

BUENO CARALLO...NON SE MATERIALIZOU CON POR A UNS OU A OUTROS NA MESIÑA DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN... ...MATERIALÍZASE CANDO FOMENTO (BLANCO) ADXUDICA 100 MILLÓNS DE EUROS DE AVE A JACINTO REY... ...GALICIACONFIDENCIAL DEBERÍA FACER UN REPASO DO QUE RECIBIU SAN JOSÉ DE FOMENTO NOS ÚLTIMOS MESES...