Xornal materializa a súa aproximación ao PSOE

O diario coruñés renova o seu Consello de Administración con xente vinculada aos socialistas. A operación está pactada co propio Pachi Vázquez.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 24/02/2011 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O empresario Alfonso Paz-Andrade é, desde hai uns días, o novo presidente do Consello de Administración de Xornal de Galicia, SA. Substitúe no cargo a Domingo Docampo. Con el tamén estarán Xosé Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz Pardo, como cepresidente primeiro e Miguel Barros, histórico dirixente socialista, que xa formaba parte do Consello de Administración, como vicepresidente segundo.

Con este cambio, Xornal de Galicia materializa a súa aproximación ao PSOE, partido co que xa mantiña lazos moi activos nos últimos meses. De feito, os tres máximos dirixentes do Consello de Administración están vinculados, ben de xeito directo ou indirecto, ao Partido Socialista. O novo presidente do Consello de Administración mantén boas relacións co PSOE e mesmo chegou a aconsellar ao ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, en varios asuntos importantes durante o Bipartito. Xosé Díaz é fillo dun histórico galeguista e moi próximo ao socialismo e Miguel Barros foi concelleiro do PSdeG en Vigo. Todos eles teñen en común, ademais,  unha visión galeguista de Galicia.

Cambio pactado

Segundo fontes da dirección do PSdeG consultadas por GC, este cambio foi pactado cos socialistas e o propio Pachi Vázquez e José Blanco supervisaron os nomeamentos e a nova liña de Xornal que, a partir de agora, manterán unha vinculación máis estreita con este partido. O obxectivo, segundo as fontes consultadas, é que Xornal "contrarreste" as informacións "maliciosas" doutros medios de comunicación, especialmente, de La Voz de Galicia, que nos últimos tempos mantén unha liña moi dura contra o secretario xeral socialista e contra o PSdeG, en xeral.

Tamén José Blanco foi partícipe deste cambios. De feito, o ministro e número dous do PSdeG é un dos  dirixentes políticos mellor tratados no xornal coruñés.
Un cambio que tamén vai aparellado a actual situación económica de Xornal que non ten ningún tipo de axuda nin subvención por parte da Xunta de Núñez Feijóo. O propio director deste medio, José Luis Gómez, xa mantén esta línea de aproximación desde hai meses.

GC púxose en contacto con Xornal de Galicia para coñecer a súa opinión. Nun comunicado sinalan que esta decisión adoptouse o pasado venres en Vigo, "cidade que terá un papel máis destacado na estrutura empresarial e editorial de Xornal". "É só o movemento máis visible no reforzo dun medio que quere crecer como alternativa en Galicia e que ampliará a súa estrutura nos próximos meses", apunta.

"Borrar" ao BNG

"Do que se trata é de  borrar a idea de que isto é un xornal do BNG", apuntan xornalistas do propio medio consultados por GC. E é que, o nacemento de Xornal está moi vinculado a Quintana e ao BNG. Unha foto do ex líder nacionalista e do promotor deste diario, Jacinto Rey, provocou unha campaña mediática sen precedentes xusto antes das eleccións autonómicas.

Sen embargo, desde entón, a relación deste medio cos nacionalistas foi de máis a menos. A UPG sempre criticou a súa liña "progre" e "falsamente galeguista" e con Máis Galiza e o seu líder, Carlos Aymerich, non hai "moita sintonía". Pola contra, co PSdeG aconteceu o contrario, e a vinculación cos novos dirixentes socialistas e con Pachi Vázquez foi de menos a máis.

Menos novas en galego

Por outra banda, e desde hai máis dun mes, a dirección do Xornal deu ordes de diminuir a publicación de novas en galego na súa edición dixital. "Non é algo que se teña transmitido de xeito oficial nin a todas as seccións pero si que hai a xente que se lle dixo iso", aseguran profesionais de Xornal consultados. "A min dixéronme que había que publicar menos en galego que así non vendiamos na rede", comenta outro xornalista coruñés. Este punto non puido ser contrastado con fontes da dirección do xornal.

Con todo, segundo outras fontes consultadas esta orde pode ter máis que ver con cuestións técnicas que ideolóxicas xa que o buscador de Google discrimina ás publicacións que están escritas en galego e prima as que están en castelán.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 98 comentarios

20 rosebud

Porqué tanto falar de xornal?, se non o lé ninguén. La Voz de Galicia chámalle "el marginal xornal". Se se lé menos que El Ideal Gallego edición Bergantiños. Que máis vos dá a liña que teña.. que liña ten o Atlántico Diario, Diario de Ferrol, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra, Xornal de Galicia... que máis dá... en Galicia só se lé A Voz e o faro. Porqué ós de dereitas lle preocupa tanto xornal de Galicia?, será porque é o único medio onde pode sair publicada algunha verdade que os outros teñen vetada por estar ultrasubvencionados?.

19 Pontevedra

Xente de Xornal: non esquezades nunca quen vos axudou a chegar aí. Non seríades NINGUÉN sen o nacionalismo galego (incluíndo a xente da U). O que esquece a súas raíces perde a súa identidade...

1 filipe

Nin os muiños prometidos por Quintana, non esquezades o negocio.

2 Xan

Pero aínda anda o Filipe neste lares...? Vai a El País oh! E date de alta no PSOE claro. O reparto desta Xunta é moito mellor, legal de todo. E si, dar muiños a Feiraco, Alfageme, San José é moito mellor que darllos a Gas Natural/Unión Penosa, Jove e cooperativa que comprou Pascual (Arzuana entre outras...) Si amiguiño, uns fan País e outros desfano: simple dicotomía

18 Xanciño

Era algo que se viña vir. Unha decepción. Era o 1º xornal electrónico que lía no día. A-ca-bou-se pola miña banda. Respeto mais non comparto. Para ler isto prefiro El País, Público, etc. Bye-bye Xornal de Galicia

1 Pepón

Alá cadaquén co que cre. Se vostede cre a este pseudo-medio voyeurista, pois que lle preste!

17 Oxir

Moi ben, Galicia Confidencial, cainismo e medias verdades, excelente.

1 Suscriptor

Non é de estrañar se publique un secreto a voces. Queremos máis galego en Xornal, senón comprarei El País, que a calidade da información e mil veces mellor.

16 lector de xornal

Se xornal de Galicia está vendido ó PSOE: porqué non apoia a campaña en favor da designación de Paco Vázquez coma Defensor del Pueblo?. XdG é galeguista e de esquerdas. Quere ser o "El periódico de Catalunya" en Galicia, non esperedes furibundos ataques ó PSOE en Xornal, verdade. Mais tampouco esperedes ataques ó nacionalismo, antes ben moitas das loitas do nacionalismo teñen a súa imaxe mediática en XdG e en ningún medio máis. Isto é tan certo como que moitos socialistas e nacionalistas mercan a diario...La Voz de Galicia.

1 serafín

Galeguista que dá preferencia ao castelán -pura diglosia-, faite mirar a vista. E de paso que che revisen a orientación, só tes dereita clásica e dereita progre que obedece ao mesmo amo.

2 lector de xornal

XdG en papel ten o 40% en galego. Na rede tes versión galega e versión en castelán.A versión en galego é un tradutor pero mellorado sen tantas pifias coma o da voz e que se implementa día a día esa mellora a medida que traduce(que manda carallo a voz que con 1500 millóns en 2 anos non teñan para contratar a un tradutor): http://www.xornal.com/?idioma=gl . O xornal Gara tamén é nacionalista basco e está en euskera e en castelán. Desgraciadamente un xornal 100% en galego sería unha rémora para moita xente (sobre todo maior de 50 anos),ogallá fose así. Pero non hai ningún 100% en galego, por algo será... XdG é o xornal menos malo que hai no quiosco, por iso o merco.

3 lector de manipuladores

deixa de manipular, ti que es tan sabido, descoñeces Galicia Hoxe e De Luns a Venres que si están en galego. non os defendo, pero ti enganas meu.

4 lector de xornal

Galicia Hoxe depende de ECG, está ultrasubvencionado e se hai algunha "verdade incómoda" contra o poder non vai sair publicada nese medio. Estamos todos aparvados ou qué?. ECG sen subvención pecha en 5 minutos e distribúese gratuitamente con "El mundo"(xornal moi nacionalista galego e de esquerdas), non teño nada contra os gratuítos. Luns a Venres é un gratuito 100% galego, léoo cando o atopo, é de "El progreso" chapeau por el, que o único gratuito que teñamos en galicia esté en galego para min perfecto. Pero estamos a falar de cal xornal MERCAR.

5 ZdP

Pois para MERCAR está Galicia Hoxe. Paréceme que non hai color. Que está subvencionado? si, certo. Como case todos os demais. Que XdG non o está? Certo. Teño lido mais verdades 'incómodas' en GH que no XdG. Con todo, non teño nada en contra de Xornal, pero non podemos ir dicindo que non hai ningún xornal para mercar en galego. Para min como lector non hai color.