Jacinto Rey cede ante Rajoy

O empresario propietario de Xornal impulsa a saída do director deste medio, José Luis Gómez, tras a publicación dunha foto comprometida do líder do PP.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 01/04/2011 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

José Luis Gómez deixa a dirección de Xornal de Galicia. Esta decisión chega tras os consellos de Jacinto Rey, o empresario dono de Xornal de Galicia a través de Udramedios, a división de medios de comunicación do Grupo San José. Uns consellos que chegan tras unha tensa conversa que o secretario xeral do PP, Mariano Rajoy mantivo con Rey.

E é que o líder popular montou en cólera tras a publicación por parte de Xornal e do diario Público dunha fotografía na que aparecía a bordo do iate Moropa, pertencente ao clan de Os Caneos de Cambados, con varias xeracións de condenados por tráfico de drogas. E a reacción inmediata foi chamar a Jacinto Rey para pedir explicacións por esta información.

Futuro presidente

Segundo as fontes consultadas, Rajoy insinuou que será o presidente do Goberno en breve, o que implica ter o poder de continuar adxudicando, ou non, obras públicas ás grandes empresas españolas, entre elas, por suposto, á Constructora San José. Un aviso que Rey captou de inmediato. As fontes consultadas divirxen no contido completo desa conversa pero todas coinciden en que Rajoy lle pediu a cabeza de Gómez.

A información publicada o luns por Xornal non só causou indignación na sede do PP en Génova, senón tamén, no PP de Galicia. De feito, e segundo as fontes consultadas por Galicia Confidencia, o presidente galego Núñez Feijóo era consciente xa desde mediados desta semana que o xa ex director de Xornal tiña un pe fora da empresa.

"Ariete" do PSOE


E é que os populares galegos acusan a este medio de ser un "ariete" do PSOE, especialmente, nos últimos meses, tras o acercamento deste medio a José Blanco, que mantén boas relacións con Jacinto Rey. De feito, o empresario pontevedrés é un dos grandes beneficiarios das obras do Ministerio de Fomento.

Hai escasamente dous meses, Xornal de Galicia renovaba o seu Consello de Administración. O empresario Alfonso Paz-Andrade era nomeado novo presidente do Consello de Administración substituíndo no cargo a Domingo Docampo. Xunto a el están agora Xosé Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz Pardo, como vicepresidente primeiro e Miguel Barros, histórico dirixente socialista, que xa formaba parte do Consello de Administración, como vicepresidente segundo. Uns cambios que se interpretaron como unha aproximación ao PSOE.

O que queda por dilucidar é o futuro de Gómez, que tamén é accionista e conselleiro desta empresa de comunicación, froito da súa participación a través de Xornal Galinet SA, a empresa editora do primixenio xornal.com.

Fonda relación

Non é a primeira vez que Gómez e Rey manteñen diferencias. A primeira delas foi en 2004, cando se abortou a primeira operación para sacar Xornal de Galicia en papel. Entón o detonante foi a dimisión do profesor José María da Rocha como presidente e conselleiro delegado un mes despois de ser nomeado. Entón, Rey posuía o 32% de Xornal Galinet. A relación retomouse pouco despois, e en 2008 saía a rúa, Xornal de Galicia. Durante estes dous anos e medio houbo máis crisis internas, a máis grave, a saída do xerente Miguel Angel Souto, cuñado de Rey, en febreiro de 2010, por "diferencia de criterio" empresarial con Gómez.

Non é a primeira vez que en Galicia Confidencial falamos dos intereses económicos e políticos que rixen aos grandes medios de comunicación, nin será a última. Antes de invertir en Xornal, San José fíxose co dominio de Promocións Culturais Galegas, na que invertiu máis dun millón e medio de euros en 2006. Esta empresa, editora do semanario nacionalista A Nosa Terra, iniciou un ambicioso proxecto de crecemento que acabou en fracaso e coa empresa en suspensión de pagos.

Galicia Confidencial seguirá informando desta nova e tentará achegar tamén a opinión dos principais actores.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 79 comentarios

19 Hamlet

Durante esta mañá do día 2 de abril intentei deixar o seguinte comentario na noticia de Xornal, e renviaronme unha mensaxe de non guardado.......... Dou por finalizada a miña etapa de lector diario de xornal de Galicia e xornal.com: http://www.galiciaconfidencial.com/... O meu apoio incondicional a X. L. Gómez, Grazas, Seguireino noutros medios............

1 Hamlet

Xornal.com gañou credibilidade co seguimento do Prestige......Onte fostes vos, GC, os que acadastes a maioría de idade.

18 LexnaLof

Xornal.com confirma, como avanzou Galicia Confidencial, que J. Luis Gómez deixa a dirección de Xornal de Galicia. O propio protagonista da noticia confírmao tamén en Twitter http://ow.ly/4rCHm

17 Guillermo Rodríguez Fdez.

Por que nos laiamos de que Rajoy escomence xa a exercer o control dos medios? Quen así o fai demostra unha ignorancia supina sobre o funcionamento dos medios de comunicación. Non existe prensa libre nin se lle espera; sencillamente porque non a queremos, porque se a quixeramos, tiñámola. Pero os lectores, non os empresarios. Para iso fai falla aportar euro a euro o que custa poñer na rua un xornal libre, que se deba aos seus suscritores e lectores. Rajoy espera ter o BOE e Jacinto Rey quere estar nel. Lobbys económicos controlan a prensa mundial. Políticos sumisos fanlle o traballo sucio. Por que qué nos laiamos? Tres grandes fortuinas dominan os medios a nivel mundial; logo quedan pequenos "novos ricos" que fan "pinitos", pero cando chega o Poder político baixan os pantalóns e quedan... Alguén pensa que algún dia poderemos ser libres, ter prensa libre, etc. Pobriños de nós!! Deixamos cair medios libres e logo berramos porque Rajoy entre a trapo no Xornal!!

1 Xan

analise perfecta da triste realidade xornalistica deste pais.

16 Silenciar as críticas

Silenciarán un Xornal, que xa tiña pouca difusión, a pesares de ser o único cunha postura crítica co desgoberno da Xunta, pero no poderán frenar a libertade que supón a rede. Poderán publicarse as fotos de Rajoy e as tonterías que dín algúns dos seus subalternos, con aires de sucesor. Pódese no coincidir con Gómez, pero si é certa a información de GC, é unha pésima noticia para o xornalismo. Outra máis

15 filantrópico

Hai que ser moi simples se alguen pensa que Rajoy ten o poder de quitar e poñer directores de xornais e maís cando son xornaís non afíns a dereita. un pouco de sentidiño

1 daCoru

Veremos logo pero resulta que igual 'lo flipas neno'

2 Xabier

Que ten o poder é evidente. O preocupante é que o use.

3 Xan

Filantropico, eiqui tes a resposta: "Se abre un nuevo horizonte de desarrollo con la aprobación del Ministerio de Fomento y el Ayuntamiento y la Comunidad de Madrid de la Operación Chamartín, el desarrollo urbanístico más importante de Europa." sacado de http://www.grupo-sanjose.com/histor... , non sexas inxenuo.

4 Xan d¨Outeiro

Que queres dicir con iso de "xornais non afíns á dereita? Acaso pensar que Jacinto Rey vai manter unha linea editorial no seu xornal contra os intereses das sáus empresas? Pobriño!1 Non tes puta idea do que se move e como se moven os xornais.