Gómez-Reino negocia con errejonistas e anticapitalistas para neutralizar a lista de Bescansa en Podemos

A politóloga de Santiago dará a coñecer este martes a súa decisión logo de falar tamén con outros sectores do partido. Pode haber unha terceira lista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2018 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

A candidatura do deputado de En Marea Antón-Gómez Reino para dirixir Podemos Galicia estableceu contactos cos sectores 'errejonistas' e anticapitalistas do partido de cara á configuración dunha lista de "unidade" para presentarse conxuntamente ao proceso interno no que os inscritos do partido morado escollerán nova dirección. Un

Buitrón, na romaría de Compostela Aberta, recibe o programa de Podemos. EUROPA PRESS - Archivo
Buitrón, na romaría de Compostela Aberta, recibe o programa de Podemos. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Segundo fontes consultadas por Europa Press, as negociacións aínda non están avanzadas e a aterraxe en Galicia da deputada de Unidos Podemos por Madrid Carolina Bescansa para encabezar a candidatura da dirección saínte podería modificar o escenario. A socióloga santiaguesa comparecerá na mañá deste martes na capital galega para comunicar a súa decisión final.

Así, os sectores 'errejonistas' e anticapitalistas na Comunidade galega ven con bos ollos a creación dunha candidatura de unidade ao redor dunha lista encabezada por Gómez-Reino, próximo ao líder de Podemos, Pablo Iglesias; xa que entenden esta vía como necesaria para coser as feridas internas da formación.

Ademais, inscritos de Podemos da cidade de Lugo traballan na creación doutra candidatura que, de confirmarse, converteríase nunha 'terceira vía' en contraposición ás listas de Gómez-Reino e a oficialista, esta última pendente da decisión de Bescansa.

DECISIÓN DE BESCANSA

Deste xeito, a compostelá despexará este xoves se recolle a luva lanzada pola dirección saínte e se converte na súa opción de cara a manter o control de Podemos Galicia. Bescansa alegou que, após reunirse con membros da actual executiva, quería manter contactos con outras "sensibilidades" do partido antes de tomar unha decisión definitiva.

Estas conversas tiveron lugar na tarde do pasado luns logo de que a cofundadora do partido morado comparecese ante os medios xunto con membros do equipo da aínda secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos.

Bescansa, apartada da dirección de Podemos desde a filtración dun documento que foi entendido polo sector 'pablista' como un intento de "golpe interno", asegurou que non caerá en "provocacións persoais" logo das críticas lanzadas polo propio Pablo Iglesias e por Antón Gómez-Reino, que cuestionaron o seu vínculo con Galicia e lembraron as súas recentes aspiracións en Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ex-emigrada

Unha muller intelixente e con perfil alto. Paréceme unha boa decisión, aínda que só sexa para frear a quen quere impór a súa opción temeroso de que lle quiten a cadeira. Galicia por suposto que pode ser un retiro, ou non nos lembramos de Manuel Fraga... e con respecto a que leve moitos anos en Madrid vivindo ou facendo carreira política, pois o mesmo que fan estes da foto en Madrid!