A Xunta dá por controlado o incendio e insiste en que as hectáreas calcinadas son 150

Asegura que xa traballan varios medios aéreos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2018 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

O incendio forestal de Mondariz (Pontevedra) quedou controlado despois de calcinar unha superficie dunhas 150 hectáreas e despois de estar próximo a casas, o que obrigou a desaloxar a medio centenar de veciños na noite do domingo.

Un membro do Brif no lume de Mondariz
Un membro do Brif no lume de Mondariz | Fonte: BRIF

Así o suliñou a Consellería de Medio Rural informou a través de Twitter e tamén de que as chamas que se iniciaron na parroquia de Sabaxáns están controladas. Durante esta mañá traballaron varios medios aéreos e terrestres, para tratar de arrefriar a zona, nunha xornada con menos vento que a do domingo, aínda que segue habendo refachos.

Na tarde do domingo, de feito, o lume propagouse con rapidez orixinando unha fumareda moi escura. Este luns, xa sen perigo para vivendas, o fume que aínda sae do monte queimado é máis claro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta