A Xunta destina 250.000 euros a contratar "influencers" para que os millennials coman peixe

É a sétima campaña da Consellería de Pesca para impulsar o consumo de peixe. A Secretaría Xeral de Medios gasta outros 125.000 euros en publicitar nos grandes medios o día 3 de novembro. Nunha semana destinou 325.000 euros en publicidade institucional.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/12/2018 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

“Servizo de desenvolvemento dunha campaña para a promoción dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura entre a poboación xuvenil no 2018 e 2019”. É como xustifica a Consellería de Pesca unha nova campaña para impulsar o consumo de peixe pero, desta volta, entre a poboación “millennial”

publicidade, axudas, medios, cabeceiras, propaganda,
publicidade, axudas, medios, cabeceiras, propaganda,

Esta é a sétima campaña publicitaria que leva a cabo esta consellería que nos últimos meses destinou milleiros de euros para a realización de numerosas campañas de promoción do consumo de peixe entre distintos segmentos de poboación. Entre elas están “mar Achega”, “o sabor da aventura está no mar”, “Ponlle as pilas ao teu bocata” e a difusión de marcas como “PescadeRía ¿de onde se non?”, “Mexillón de Galicia” ou mesmo determinados produtos coma o polbo ou o bonito.

Pero este departamento “botaba en falla” unha campaña destinada a fomentar o consumo de produtos do mar entre a poboación xuvenil”. “Consideramos fundamental chegar á xente nova xusto na franxa de idade na que se atopa en plena fase de formación profesional e/ou emancipación”.  Por iso, lanzou esta nova campaña de 242.000 euros.

“COLECTIVO QUE SE ATOPA NUN MOMENTO VITAL”

Trátase de achegar, di a consellería, estes produtos a un colectivo “que se atopa nun momento vital (estudos superiores, enmancipación, incorporación ao mercado laboral...) no que se ven obrigados a facer a compra, ter contacto cos fogóns e deixar de comer no fogar familiar”. “Queremos amosarlles a mercar peixe, a explicarlles a súa procedencia, a orientalos no prezo e rematar co descoñecemento que poidan ter á hora de mercalo. Que sexan conscientes de que o peixe non morde, alimenta”.

Bocarte. Anchoa. Peixe. Pescadería. Alimentación. Supermercado. Compra. IPC.
Bocarte. Anchoa. Peixe. Pescadería. Alimentación. Supermercado. Compra. IPC.

De igual modo, a consellería busca promocionar as propiedades nutricionais “tan favorables” que ten o consumo destes produtos entre un segmento da poboación que, di, “comeza a estar especialmente concienciado cunha nutrición equilibrada e sana”.

Esta campaña pretende chegar a un público eminentemente mozo, no que se sitúa o grupo coñecido como millennials. Un público entre os 18 e o 35 anos, idade na que comezan a estudar ou traballar fóra da casa e a emanciparse. Por iso, a campaña inclúe a posta en marcha dun plan de comunicación para fomentar o consumo de peixe, a súa creatividade e as insercións publicitarias nos grandes medios. Tamén a “contratación dunha serie de influenciadores ou prescriptores, persoeiros amplamente coñecidos polos destinatarios da campaña, que actúen como embaixadores da campaña durante o período de vixencia do contrato”.

Estes catro “influencers” ou “persoeiros famosos” teñen que “captar a xente nova, activa, que destaque nalgún ámbito do coñecemento –música, internet, artes escénicas...- e con presenza en redes sociais, preferentemente galegos, populares, e que encaixen entre os gustos maioritarios dos millennials.

Ademais, estas catro persoas actuarán como “embaixadores” desta acción e traballarán  na campaña e participarán activamente nas actuacións que se desenvolvan nos entornos físicos. Haberá unha activa participación en redes sociais e, sobre todo, en medios dixitais, polo que haberá un “plan táctico” para estes medios.

MÁIS PUBLICIDADE DA SECRETARÍA XERAL DE MEDIOS

Por outra banda, a Secretaría Xeral de Medios destinará 125.000 euros para facer publicidade do Día 3 de novembro, como Día Internacional das Persoas con Discapacidade.  Este diñeiro súmase aos 200.000 euros que xa repartiu entre os grandes medios par difundir o pasado 25 de novembro do Día Mundial da Violencia de Xénero. 

As grande subvencións da Xunta aos grandes medios de comunicación intensificanse ante a proximidade das eleccións municipais, que terán lugar dentro de seis meses. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta