Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/12/2018 | Actualizada ás 19:37
É unha imaxe pouco habitual: un raposo socializado, en contacto con persoas. Un cidadán subiu un vídeo a Youtube no que se observa a un home identificado como Fernando nunha aldea galega, cun raposo que, segundo o autor da gravación, comeu da man do paisano no tellado da súa propiedade.
A aldea non foi identificada polo autor do vídeo. Pero titula: "Los zorros en Galicia viven en los tejados y comen en la mano de mi amigo Fernando".
Non é a primeira vez que vemos esceas como esta. En outubro de 2017, Galicia Confidencial mostrou unha imaxe semellante: un raposo no alto da Curota, na Pobra do Caramiñal, atopado na beira da estrada por uns veciños aos que o animal nun dubidou en achegarse.
A primeiros deste ano xerouse unha gran polémica pola celebración en Galicia do Campionato de España de caza de raposo. Colectivos animalistas e de defensa da natureza tentaron boicotear este certame.
Ao igual que o fixeron outras entidades ecoloxistas de Galicia, asociacións como Senda Nova, Petón do Lobo, Ouriol do Anllóns, a asociación de veciños de Cereo, Contramínate de Laxe, Cova Crea, a Plataforma pola Defesa de Corcoesto e Bergantiños, a Plataforma pola defensa da Terra de Coristanco e a asociación veciñal e cultural río Lourido de Valenza, pediron daquela a paralización inmediata do campionato, pola “vulneración flagrante e manifesta da Lei de caza vixente e do artigo 45 da Constitución española”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.