Bob Dylan volverá tocar en Santiago 15 anos despois

Será o próximo 29 de abril no Multiusos do Sar. Ofrecerá tamén concertos noutras sete cidades españolas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2018 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

Bob Dylan regresará a Galicia no 2019. Nunha xira internacional que comprende oito concertos en España, pasará por Santiago de Compostela 15 anos despois. Farao no Multiusos do Sar o vindeiro 29 de abril.

Bob Dylan.
Bob Dylan.

As outras cidades españolas que visitará no seu Neverending Tour serán en Pamplona (25 de abril), Bilbao (26 de abril), Xixón (28 de abril), Sevilla (3 de maio), Fuengirola (4 de maio), Murcia (5 de maio) e Valencia (7 de maio). As entradas poranse á venda o próximo día 28 de decembro a partir das 11,00 horas en www.riffmusic.es.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta