Losada reprocha que o PP "cuestione agora a AP-9" cando non o fixo antes

O delegado do Goberno resalta que o Executivo de Sánchez permite o "debate" sobre a xestión desta autopista, e critica as decisións "lesivas" que tomou ao respecto a Xunta de Feijóo durante os últimos anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2019 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, afeou este martes en Lugo que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "cuestione agora a AP-9", cando nos sete anos anteriores de gobernos do PP non o fixo.

O delegado do Goberno en Galicia nunha rolda de prensa en Lugo.. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia nunha rolda de prensa en Lugo.. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

"Ultimamente, sorprendentemente, cuestiónase a AP-9", dixo, cando en sete anos ningún dos populares o fixo: "nin Feijóo cuestionou a AP-9, nin os deputados do PP cuestionaron a AP-9, nin o Goberno cuestionou a AP-9, nin os transportistas a cuestionaron, ninguén cuestionou a AP-9, e agora en sete meses cuestionan a AP-9", subliñou.

Fronte a iso, Losada pon o punto de mira na xestión do Goberno de Sánchez, que "toma o debate e permite por primeira vez que non haxa vetos no Congreso". "Permite co seu voto que se debata no Congreso" e "a partir de aí, tomaremos decisións que favorezan os transportistas, os traballadores que a usan habitualmente e os usuarios", manifestou.

"Este Goberno é responsable e actúa e toma decisións, ao contrario do que facía antes o Partido Popular, que asinaba convenios e tomaba decisións que agora ven que eran lesivas para os intereses dos galegos e galegas", sostivo o delegado.

Ademais, Javier Losada subliñou que a AP-9 está nese debate acerca "do que se quere facer coas autoestradas e coas autovías en España". "E que podemos facer no caso concreto dunha autoestrada que o Partido Popular aumentou 50 anos a concesión e que ten unha serie de convenios a realizar?", formulou o delegado do Goberno para rematar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta