A persistencia de estereotipos fai que a Xunta se marque o "reto" de avanzar cara á "conciliación corresponsable"

A deputada do BNG, Montse Prado, reclama ao goberno galego que dea exemplo para pasar das medidas a ser proactivo esixindo cumprimento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2019 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia admite que "persisten estereotipos" que identifican as mulleres co ámbito doméstico e aos homes co laboral, polo que se marca o "reto" de avanzar cara a unha "conciliación corresponsable". Na comisión do parlamento dedicada a asuntos laborais, a preguntas da deputada do BNG Montse Prado, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, esgrimiu cifras que mostran que hoxe hai "menos mulleres inactivas por coidado de nenos ou persoas dependentes" que hai anos.

"Empecen por dar exemplo", espetoulle Prado na quenda de réplica, no que instou ao Goberno galego a "pasar das medidas no papel a ser proactivos e esixir o cumprimento" das leis. "Están a incumprir coas mulleres", díxolle, ao que Toca respondeu afirmando que non comparte estas acusacións. "A desigualdade das mulleres é unha responsabilidade de todos na que a Xunta ten un papel fundamental", aseverou a responsable de Emprego.

Respecto diso, na súa primeira intervención, a secretaria xeral expuxo que está vixente o sétimo plan estratéxico de Galicia para a igualdade entre homes e mulleres, así como o programa 'Emprega en feminino', con 80.000 beneficiarios, segundo os seus números. Salientando que a Xunta "está comprometida" coa igualdade, indicou tamén que na actualidade existen "máis mulleres afiliadas e traballando con contrato indefinido".

Montse Prado. Europa Press - Archivo
Montse Prado. Europa Press - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta