A Xunta decreta os servizos mínimos para a folga do 8M

O Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto que dita as normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o próximo 8 de marzo. O PSdeG denuncia a “vulneración do dereito a folga a través de servizos mínimos abusivos" na CRTVG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2019 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

Para esa xornada, día internacional da muller traballadora, hai previstas varias convocatorias de folga xeral con diversos tramos horarios, que afectarán a todas as actividades e centros de traballo, tanto empresas privadas como do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral.

Ante a "necesaria conciliación" entre o exercicio ao dereito de folga e o mantemento dos servizos "esenciais", segundo subliña a Xunta, a Administración autonómica fixou este xoves uns servizos mínimos "indispensables" que figuran no decreto.

Recollen, segundo apunta nunha nota de prensa emitida tras a reunión semanal do Goberno galego, os servizos esenciais no ámbito da Presidencia, Vicepresidencia e resto de consellerías. Non están incluídos nin o persoal sanitario nin o da CRTVG, sinala.

Desta forma, segundo explica, "establécense servizos mínimos respecto dos sectores e actividades cuxa regulación é competencia dalgunha das consellerías da Xunta e que poden afectar o desenvolvemento ordinario da actividade cidadá".

Cita, entre outros, sanidade, seguridade, protección civil, transportes e comunicacións, rexistros públicos, edificios, bens e instalacións públicas, asistencia social e educación, servizos de vixilancia e extinción de incendios, bombeiros, 112, xulgados de garda e de violencia de xénero, Sogama, servizos regulares de uso especial para transporte de escolares, para traballadores, para mercadorías e funerario.

Manifestación 8M en Ourense
Manifestación 8M en Ourense

DENUNCIA DO PSdG

Por outra banda, Noela Blanco, portavoz do grupo socialista na comisión de control da CRTVG, denunciou hoxe en comisión a “vulneración do dereito a folga a través de servizos mínimos abusivos” e pídelle ó director xeral da CRTVG “que tome medidas ante as reiteradas denuncias e a sentenza do TSXG”. Así mesmo pediu “que se escoiten as reivindicacións e se poña fin á persecución e amordazamento de xornalistas”.

A deputada socialista preguntoulle ó Director Xeral da CRTVG “por que non está tomando medidas ante as denuncias de servizos mínimos abusivos”. Blanco mostrou a súa perplexidade e lembrou que “xa existen sentenzas, lembremos a condea do TSXG á CRTVG trala folga feminista do 8 de Marzo por servizos mínimos abusivos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta