Consumo non recibiu ningunha reclamación sobre a caída da rede informática de Abanca

Di que tras a caída da rede informática funcionou un "mecanismo automático" do banco.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2019 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia non recibiu "consulta algunha nin reclamación algunha" sobre a caída da rede informática de Abanca, que afectou os seus clientes durante unhas 48 horas nalgúns dos seus servizos.

Ante esta información, que deu a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, na comisión de economía do Parlamento, a deputada do BNG Noa Presas pediu actuar "de oficio", para comprobar se esta cuestión "está a resolverse con normalidade" (por exemplo as comisións derivadas de operar con outros bancos que a entidade galega dixo que devolvería).

Pola súa banda, a responsable de Comercio indicou que, consultadas todas as oficinas do instituto e todos os servizos de atención, "non se ten constancia de consulta algunha nin reclamación algunha en relación a este tema".

"En consecuencia, non existe tampouco unha intervención do instituto motivada por reclamacións ou consultas", apuntou, aínda que engadiu que "de ter coñecemento de calquera reclamación ou consulta, asistirá e empregará todos os medios persoais" ao seu alcance.

A xuízo de Sol Vázquez, tras a caída da rede informática funcionou un "mecanismo automático" do banco que supón que "é o que produce que non haxa "ningunha consulta" en Consumo.

PARADOS MAIORES E DÉBEDA

Por outra banda, na mesma comisión, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, respondeu ao parlamentario de En Marea Manuel Lago que a Xunta "comparte a súa preocupación", ao falar el dunha "situación dramática" para uns 62.000 parados de máis de 55 anos en Galicia.

Abanca, Kutxabank, Bankinter e BBVA, os bancos con mellor puntuación do exame. ABANCA
Abanca, Kutxabank, Bankinter e BBVA, os bancos con mellor puntuación do exame. ABANCA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta