Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2019 | Actualizada ás 11:14
O incendio que comezou na noite deste sábado en San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira (Ourense), permanece activo e alcanza ao parque natural do Xurés, tras afectar a unha superficie dunhas 40 hectáreas, segundo as primeiras estimacións.
Así o informou a Consellería do Medio Rural, que precisou que o lume se iniciou ás 23,49 horas. No lugar traballan 2 axentes, 4 brigadas e 4 motobombas e está previsto que se incorporen medios aéreos.
Por outra banda, xa quedou extinguido o incendio que se iniciou no municipio de Padrenda (Ourense), na parroquia de San Pedro da Torre, ás 19,22 horas do sábado. A superficie afectada foi de 21 hectáreas, das que 10 eran de monte arboledo e 11 de monte raso.
O lume quedou extinguido ás 2,53 horas, segundo informa Medio Rural. Na súa extinción participaron 2 axentes, 6 brigadas e 2 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter @incendios085.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.