Outro incendio con dous focos queima xa máis de 20 hectáreas no Barco de Valdeorras

Súmase ao gran lume de Dodro e Rianxo, que tamén segue activo.

Por E.P. | OURENSE | 27/03/2019 | Actualizada ás 00:18

Comparte esta noticia

Un incendio que presenta dous focos permanece activo na parroquia de Santigoso, no municipio ourensán do Barco de Valdeorras, e afecta a unha superficie superior ás 20 hectáreas, segundo informa a Consellería de Medio Rural.

Este lume únese ao que se iniciou o luns pola noite en Dodro (A Coruña) e que se estendeu a Rianxo, que calcinou sobre 850 hectáreas e no que permanece decretado o nivel 2 pola proximidade das chamas a núcleos de poboación.

Pola súa banda, quedaron extinguidos os incendios dos municipios coruñeses de Lousame e de Noia, que queimaron entre os dous 77 hectáreas, das cales 71 corresponden a monte arboledo e seis a monte raso. Tamén este martes quedaron extinguidas as chamas nas Pontes, onde arrasaron 21,9 hectáreas.

Incendio forestal en Ourense. REMITIDA
Incendio forestal en Ourense. REMITIDA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta