Os empresarios sinalan que cambiar o Regulamento Xeral de Costas suporía o peche de ENCE

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) di que poría "en serio risco" o futuro do sector do mar como conserveiras, depuradoras e outras instalacións, e case 5.000 edificios que se atopan no marco de protección mariña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2019 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) advertiron das consecuencias que tería para a comunidade galega a modificación do Regulamento Xeral de Costas en caso de materializarse, que "suporía o peche de ENCE" e que afectaría a unhas 100 empresas galegas.

A patronal advirte, en concreto, que este cambio pretende que o prazo concesional extraordinario establecido en 75 anos deba contabilizarse desde o prazo inicial da concesión, e non desde o que foi tramitada a súa renovación.

Esta modificación tería "un impacto económico de carácter tremendamente preocupante", alertou nun comunicado, e poría "en serio risco" o futuro do sector do mar como conserveiras, depuradoras e outras instalacións, e case 5.000 edificios que se atopan no marco de protección mariña.

A entidade centrouse sobre todo no caso particular de Ence, cun persoal fixo de 400 empregados aos que suma outros 2.700 de contratistas da área industrial, loxístico e transporte e 2.100 do sector forestal galego.

"O sector forestal do noroeste de España verase moi afectado por unha forte baixada de prezos provocada pola caída da metade da demanda, así como que a caída dos prezos da madeira afectará a máis de 200.000 familias produtoras", sinalou.

Ence
Ence | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta