Aberto un expediente sancionador á mineira de Touro por "substraer augas públicas"

Augas de Galicia abriu un novo expediente sancionador contra Explotacións Galegas por unhas obras non autorizadas na cabeceira do río Portapego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2019 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

Augas de Galicia abriu un novo expediente sancionador contra a empresa Explotaciones Gallegas debido á realización de obras non autorizadas na cabeceira do río Portapego, en Touro (A Coruña). As actuacións da empresa foron cualificadas como posible "figura delituosa" por desviar o curso, "subtraendo augas públicas".

Río Portapego
Río Portapego | Fonte: Aldea Viva

Diso informou este martes a asociación Aldea Viva, que sinala que durante o outono e inverno pasado, as augas do río Portapego, que están "cargadas de lodos da mina de Touro, desbordaron polas rúas do núcleo de Fontedíaz da mesma localidade", despois de que "o propietario da mina efectuase "movementos de terra e desviase parte da rega".

Aldea Viva defende que o propietario da mina, como "causante" do incidente, é quen ten que "restaurar os terreos e resolver a contaminación do Portapego". Ademais, expresaron o seu descontento "en reiteradas ocasións" cara ás obras realizadas no lugar "coa finalidade de tapar os danos causado polo propietario".

Así mesmo, lembra que a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, durante a súa última visita a Touro, se comprometeu a "investir 60.000 euros do diñeiro público para ampliar unha canalización coa pretensión de que os lodos da mina non atasquen a canle e circulen río abaixo ata o Ulla".

Aldea Viva tamén afirma que Augas de Galicia instou o Concello de Touro a non outorgar permisos ou licenzas nestes terreos mentres non se resolva o suceso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 CHUCHO

bababa,todo qeda en nada,prefiren delinquir e paghar a multa.outra forma de terrorismo apoiado por un ghoverno con amies de narcoss....andan ocupados en deter os da galiza ceibe os q qeiman bandeiras. A xustiza torce a cabeza.......PETULANTES..

1 Gamela

Lástima que estas palabras non teñan máis difusión: http://mediateca.parlamentodegalici...