Vítima e denuncia

Unha porcentaxe elevada de atestados policiais teñen o seu inicio por denuncia da vítima. O trato axeitado nas dependencias policiais ten que axudar a que, o descoñecemento do proceso penal, a ignorancia dos dereitos que lle asisten, o medo e a falla de seguridade, desaparezan.

Por José Freire | Pontevedra | 18/03/2012

Comparte esta noticia
Dende a implantación dos estados de dereito, a posición penal da vítima foi perdendo protagonismo dentro do eido da xustiza e se convertera nunha peza secundaria dentro da engrenaxe, aínda que, por outra banda, o seu papel xurídica e policialmente falando, continúa sendo fundamental.
 
Do total de casos delituosos coñecidos pola Policía, unha porcentaxe moi elevada, teñen a súa orixe na denuncia directa da vítima.
 
Por outra banda, a súa participación durante o xuízo resulta fundamental para obter unha condena do culpable, aínda que o grao de resolucións favorables aínda sexa baixo.
 
Todo ilo fai que a actitude da vítima, á hora de colaborar coas institucións policiais e xudiciais, non so sexa de desconfianza, senón tamén de medo. A consecuencia directa é que aínda sexa baixo o volume de denuncias e unha participación forzada coas devanditas institucións.
 
Ante un conflito psíco-social, as persoas acoden á Policía ou á Xustiza como o derradeiro recurso para buscar solución, cando nalgunhas ocasións o devandito conflito non pode, nin vai a solucionarse dentro do marco policiaco-xudicial.
 
A falta de información da poboación en xeral sobre qué actos son constitutivos de delito ou falta e cáles non e, en consecuencia, cándo deben acudir a unha comisaría ou xulgado, sobrecarga as posibilidades de atención das devanditas institucións, e ante a negativa a recoller o suceso ou conflito, a persoa síntese defraudada.
 
 
 
 
Por outra banda, a falta de claridade nos procedementos, métodos e dereitos que lle asisten, xeran un progresivo desinterese e distanciamento do problema, e moito máis ao transcorrer gran cantidade de tempo entre o suceso e o xuízo.
 
Asemade, á vítima preséntaselle unha expectativa moi negativa ao non recuperar nada, xa que, a maior parte das veces, o delincuente non devolve nada, ao sumo vai a prisión.
 
As vítimas buscan apoio nas institucións, pero ante a súa obrigada obxectividade, teñen a sensación de falta de axuda e interese, xerando nelas o descontento.
 
E xa, finalmente, xorde o medo a posibles represalias do delincuente, e a falta de seguridade e confianza na protección da Policía incrementa esa sensación de medo, e con ilo, provocalo abandono da causa iniciada.
 
Por iso, a vítima dun delito, ao dirixirse á Policía, non debe sufrir ningún dano psíquico adicional. Debemos garantila súa seguridade persoal e emocional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.