Feijóo insinúa que non alterará o seu calendario electoral en Galicia pase o que pase no Goberno de Madrid

Entende que sexa "difícil de xustificar" que senadores e deputados estean cobrando sen traballar. De feito, Vox propuxo que se suspendan os salarios ata que haxa actividade política.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/07/2019 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta segue sen anunciar os seus plans electorais para Galicia. Unhas eleccións que, de seguir o seu ritmo lóxico, tocarían para o outono de 2020. Un horizonte que semella ser o preferido por Feijóo se se atende o seu argumento da "estabilidade" na Xunta. Un argumento que volveu repetir este xoves para contrapoñer, precisamente, ao caos que se vive en Madrid para elixir novo executivo e ante a posibilidade de que se repitan os comicios xerais por cuarta vez en tres anos.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa do Consello. XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa do Consello. XUNTA DE GALICIA

"Aquí gozamos de estabilidade política. Somos un goberno estable e seguiremos mantendo a estabilidade neste goberno para evitar o que pasa no de Pedro Sánchez", dixo Feijóo en alusión a imposibilidade de formar goberno. 

De feito, Feijóo foi moi crítico co Executivo de Sánchez ao que acusou de levar meses paralizado por estratexia poliica. "A Pedro Sánchez só lle interesa estar pero sen facer. E para estar hai que facer, hai que gobernar", suliñou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Por iso, acusouno de ter como principal obxectivo o de "estar no goberno pero sen gobernar". 

E, neste sentido, entendeu tamén as críticas que hai a senadores e deputados por non traballar xa que a actividade política está parada. "Non hai comisións, in sesións de control, nin nada... E así é difícil xustificar o soldo de deputados e senadores. É unha situación lamentable e esperpéntica", dixo. Unha opinión que coincide coa expresada hai uns días por Vox que propuxo suspender o salario de senadores e deputados e que non foi apoiada por ningún grupo político, íncluido o PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta