Será no vindeiro partido que terá lugar o 31 de maio. Critican que non se traballe a prol da oficialidade dun equipo galego de fútbol.
Celebrarase o 4 de maio no novo Pavillón polideportivo da Pinguela de Monforte e agárdase que reúna uns 350 taekwondistas procedentes de 15 comunidades autónomas de toda España. Competirán nas modalidades de Poomsae e Freestyle.
Máis de 200 riders daranse cita os días 27 e 28 de abril no monte Montemaior en Cabreiroá para competir na 'Copa de España DHI Pozo do Demo 2024'.
A Deputación de Pontevedra enviou este luns ao Concello de Vigo o convenio para a reforma da bancada de Gol do estadio municipal de Balaídos e asegurou que podería asinarse "esta mesma semana, se se quere".
Xornadas de récord de asistencia aos campos, tanto para certificar o ascenso do equipo femininio á Primeira División como a vitoria do equipo masculino que está a un paso de ascender a Segunda División.
Quedou 22 do mundo o pasado ano no Mundial de Corea e este ano preséntase no campionato de Gaelic, onde en pasadas edicións quedou primeiro e segundo. "Vai estar difícil, pero imos tentar dárlle caña", asegura.
Manterse saudable pode ser difícil. Coas longas horas de traballo, os desprazamentos e outros compromisos, atopar tempo para mover o corpo pode parecer complicado.
Desde que se fixo cargo do primeiro equipo Giráldez na xornada 29 de Liga, o equipo galego sumou catro de nove puntos posibles, o que colocou ao Celta, con 28 puntos, tres por encima dos postos de descenso a falta de sete xornadas.
A xuíza, ademais, indica que se tivo en consideración a disposición mostrada polo accionista maioritario do Real Club Deportivo (Abanca) "de prestar o financiamento suficiente para o cumprimento do convenio resultante tras a modificación".
Rodríguez conseguira 16 medallas en Xogos paralímpicos. Sinala que a dopaxe foi debida a un "erro" tras consurmir sen sabel un produto cunha substancia prohibida
Alfonso Rueda garante o "pulo" da Xunta aos deportistas, "orgullosos" de representar a Galicia e con aspiracións de "podio": "Sodes ou ides ser embaixadores de España e de Galicia aos ollos do mundo e os vosos éxitos van ser os éxitos de todos".
Manuel Planas é presidente da Federación Galega de Boxeo e para el o grande reto que superou esta disciplina foi demostrar que pode ser un deporte para practicar como ocio o mesmo que outros. Con 7.000 licenzas, 74 clubes federados e o número de practicantes en aumento, Planas considera que o boxeo é o deporte máis practicado en Galicia a día de hoxe.
A triatleta con discapacidade visual Susana Rodríguez, actual campioa paralímpica e que en 2022 gañou o ouro mundial e europeo, recibiu o Premio Raíña Letizia 2022.
Trátase do Trofeo Ibérico de Probas Combinadas Sub18 - Sub20, evento deportivo que se celebrará os días 16 e 17 de marzo de 2024 na Pista de Atletismo Cuberta de Ourense-Expourense.