Artigos de Galicia Confidencial

Sobre comentarios e outras lindezas

Estamos vendo como nos últimos tempos algúns dos lectores só deixan comentarios ofensivos e de mal gusto. Estamos comprobando que algúns mesmo repiten en varias ocasións. Así que volvemos a reiterar, tal e como xa fixemos en máis ocasións, que como non haxa certa moderación na linguaxe e nas acusacións verquidas contra outras persoas veremonos na obriga de borrar os comentarios. "A liberdade dun sempre acaba cando se tenta esclavizar ao outro", así que, por favor, facede bo uso da liberdade de expresión. Un saúdo, GC

GC vai de vacacións

Este mes a redacción de GC estará baixo mínimos así que non agardes atoparnos actualizados todos os días. Ainda así, tentaremos seguir informandovos puntualmente de todo o que pase pola nosa redacción. Os que tamén estades o ides ou iredes de vacacións, que teñades un bo verán.

Interesantes artigos de opinión sobre o Día das Letras

Mirando nos principais xornais galegos, atopamos interesantes artigos de opinión sobre o que supón o Día das Letras e o uso do galego aínda que algúns deles non o utilicen nas súas columnas de xeito habitual...

Para os que din que manipulamos

Aos que din que "sempre intoxicamos, mentimos, manipulamos" porque só falamos do BNG ou do PSOE tamén lle damos un espazo en portada. Para que vexan que somos os mestres da manipulación...

Non por insultar se ten máis razón

Insistimos en pedir moderación nos comentarios. Cos insultos non se vai a ningún sitio nin tampouco convidando a aqueles que non concordan coas ideas dun a que marchen do foro. Este, a diferencia doutros medios, está aberto a todos sempre e cando haxa moderación e mesura nas opinións.

Vacacións de Nadal

Logo duns días de vacacións e despois dalgúns cambios na redacción de Galiciaconfidencial anunciamosvos a intención de continuar no 2008 o mesmo camiño que no 2007 e o que nos caracterizou dende que comezamos esta andaina; é dicir, contar o que outros non queren ou non poden contar, tentar ser o mais plurais posibles e seguir traballando sen cobrar un peso de ninguén. Feliz ano a tod@s

Un político de raza

Un político de raza é aquel que ten, algunhas veces, que "rinchar os dentes e comer merda", segundo un sabio refraneiro do meu avó aplicado á 'res politica'. Iso foi o que onte fixo Ismael Rego ó asumir como propio a actitude incomprensible de Emilio Pérez Touriño...

Máis peso das linguas oficiais do Estado na UE

O Consello de Ministros da UE escoitou, o pasado venres, e por primeira vez, como a portavoz do Goberno basco, Miren Azkarate, utilizaba este idioma durante o Consello de Educación, Xuventude e Cultura da UE. O eurodeputado Josu Ortuondo reflexiona sobre este feito e reivindica o dereito de cataláns, bascos e galegos a utilizar o seu propio idoma nas institucións europeas...