Artigos de Galicia Confidencial

Diferencias entre EU e o Comité de Defensa da Ría de Ferrol

O concelleiro de EU en Ferrol, Miguel Reimúndez, remite unha información na que puntualiza as diferencias que esta formación mantén co Comité de Defensa da Ría, especialmente, tras unha moción presentada neste concello...

A OPORTUNIDADE DERRADEIRA

O voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, remite o segundo artigo de opinión que ofrece Galicia Confidencial. Nel aborda a posibilidade de reformar a lei electoral para garantir a transparencia do voto emigrante...

Pedimos moderación

Volvemos pedir a algúns dos participantes nos foros que, por favor, moderen ás súas intervencións. Vimonos na obriga de ter que suprimir algúns parágrafos por estar completamente fora de tono. Se para algo sirve este medio é para intercambiar opinións entre uns e outros, que sirvan para iniciar discusións constructivas, pero evitando o insulto ou as descalificacións entre vos ou de persoaxes públicas dende o anonimato. Tampouco son benvidos os provocadores. Un saúdo

LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Chégannos información de que as páxinas http://camba2.blogspot.com/ e http://ogrobe.blogspot.com acaban de ser denunciadas polo senador popular José Manuel Cores Tourís e tres políticos máis por supostas críticas as súas persoas que aparecen na sección de comentarios. Dende Galicia Confidencial solidarizamonos cos autores destes blogs e lembramos que a liberdade de expresión e o dereito á intimidade é un ben que ninguén debería cuestionar, tanto os criticados como os que utilizan o anonimato para criticar.

Novos acordos mediáticos

Se fai uns meses foi Quintana quen firmaba un acordo cos directores dos medios para un mellor tratamento das situacións de xénero, hoxe foi Touriño quen asinou outro documento para un "tratamento responsable" do fenomeno da inmigración. Dende GC pedimoslles a ambos os dous que tamén teñan en conta a posibilidade de asinar un acordo para mellorar a situación laboral dos traballadores dos medios.

Seguimos con problemas no noso correo

Pedimos desculpas porque seguimos tendo problemas co noso correo electrónico (info@galiciaconfidencial.com) pola chegada masiva de correo spam. Por iso, pedimosvos que, polo momento, remitades aquelas mensaxes que consideredes oportunas a este enderezo provisional: galiciaconfidencial@hotmail.com . Graciñas e desculpas

Reflexión do Comité Cidadán Antisida de Ourense

Angel Pazos Huete, secretario da Xunta Directiva do Comité Cidadán Antisida de Ourense, remite unha carta na que fai un chamamento á colaboración dos cidadáns que se opoñen a un novo centro de atención aos afectados pola sida...