Artigos de Galicia Confidencial

Problemas co spam

Galiciaconfidencial quere pedir desculpas ós lectores que nos estiveron enviando mails na última semana. Por problemas de saturación do spam bloqueousenos o correo. Tamén queremos aproveitar para, por enésima vez, pedir moderación ós participantes nos foros. A partir de agora borraremos sistemáticamente aqueles correos que utilicen o insulto como base da súa argumentación. Un saúdo.

Unha reflexión sobre blogs e confidencias

Hai uns días coincidimos con Ignacio Escolar, blogger e director adxunto de La Voz de Almería, e con Álvaro Varona, responsable das páxinas web de Prisacom e chamounos a atención as súas reflexións...

Crísis política en Dinamarca

Isabel Sande Frandsen, unha xornalista freelance dinamarquesa, remitiunos un interesante artigo sobre a polémica das viñetas de Mahoma e as repercusións no país nórdico....

RENOVACIÓN

Galiciaconfidencial quere renovar os contidos da páxina pero decidimos abrir este post para que nos remitades suxerencias, cousas que queredes que incorporemos ou que retiremos, noticias que faltan ou que sobran. Agardamos os vosos comentarios e suxerencias. Un saúdo

Pedimos moderación e respeto

Novamente volvemos pedir moderación os participantes nos foros. O principio elemental deste confidencial é e sempre será a liberdade de espresión e de información, pero non se pode utilizar esta finalidade para atacar anómimamente aos persoeiros públicos deste país. Pedimosvos que non caiades no insulto e a descalificación polo ben e o futuro desta sección.

As estratexas de Francisco Vázquez

Cando as cousas se lle puñan máis costa arriba, tanto política coma persoalmente, o alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, fixo un dos anuncios do ano: marcha de embaixador ó Vaticano. Unha noticia que por si mesma é unha bomba informativa, pero que cobra máis relevancia se analizamos o momento no que foi feita...

Nova dirección da CRTVG, xa

Os colegas da CRTVG teñennos amosado en numerosas ocasións as súas inquedanzas e críticas ao novo goberno polas incedisións e os desacordos para elexir unha nova dirección. Nestes días e nos vindeiros, máis de 70 traballadores, algúns con cinco, oito e mesmo máis anos de experiencia na casa están sendo despedidos. Dende Galicia Confidencial pedimos o novo Executivo galego que deixe o partidismo e acelere, dunha vez, a elección da nova dirección. Podes seguir lendo máis opinións dos compañeiros da CRTVG cos que nos solidarizamos plenamente...

Aclaracións

Galicia Confidencial roga aos seus lectores que fagan o favor de non deturpar e utilizar identidades reais e correos de persoas que non teñen que ver con determinados comentarios que se teñen escrito nos foros deste medio electrónico. Nas últimas horas temos recibido o correo de dúas persoas que se teñen queixado por ser utilizado o seu nome ou correo electrónico sen a súa autorización. Agradeceriamos á persoa ou persoas que fan isto que se absteñan de volvelo a facer. Galicia Confidencial lembra o seu compromiso absoluto coa liberdade de expresión aínda que pide respeto para as persoas. Tamén puntualiza que non se fai responsable dos comentarios que se fan nos seus distintos foros. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.