Artigos de Galicia Confidencial

Correo de urxencia

Queremos disculparnos porque hai semanas que non temos operativo o noso buzón de correo por problemas de virus. Temos recibido recados de lectores sobre este aspecto vía telefónica. Por iso, agradeceriamos que si nos tedes algo que contar utilizades este correo de urxencia: galiciaconfidencial@hotmail.com

Segundo aniversario

Galicia Confidencial cumple hoxe xa dous anos da sua segunda etapa. Agradecemosvos que sigades con nós e que nos axudedes, día a día, a crecer un pouco máis. Se o pasado ano eran preto de mil os nosos lectores diarios, hoxe xa son máis de 1.800. O pasado mes tivemos case 17.000 visitantes distintos, máis de 47.000 visitas en total e case 160.000 páxinas consultadas...

As dificultades de escribir en galego

Hai uns días remitimoslle un mail a Google para incorporar o Galicia Confidencial no Google Noticias. Respostaronnos rápidamente e moi cortesmente pero, de momento, teremos que agardar a que haxa unha versión en galego...

Nova sección

Fieles ao noso compromiso de contar a verdade e de facervos partícipes do noso traballo, inauguramos unha nova sección que levará por título 'ENTREVISTAS'. Tentaremos falar con persoeiros relevantes da vida pública de Galicia e, para iso, queremos contar con vós. O noso primeiro encontro vai ser co conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, e agradeceriamos a vosa colaboración, en forma de preguntas, para trasladarllas a él en persoa. Agradeceriamos corrección e seriedade nas vosas aportacións. Un saúdo

As opinións dos galegos

Un lector remitenos un mail no que apunta as posibles causas dos incendios...

Unha proposta de Nunca Máis

Igual de impactados que estamos nós por esta vaga infernal de incendios tamén o estades os centos de lectores que nos ledes diariamente. Hai quen xa fala de poñer en marcha un movemento, semellante a Nunca Máis, para loitar contra os incendios...

Os éxitos de Pereiro

Os éxitos do gran ciclista galego, Oscar Pereiro, no Tour, parecen ter xa padriños en todos os recunchos da política galega. É Lóxico que en Mos (o seu concello natal), e en toda a comarca da Louriña, fagan seus os triunfos do 'Casca', como alí o coñecen dende os seus comezos no clube ciclista Spol. Outra cousa ben distinta é o dos partidos políticos...

Marexada política co Estatuto

As deliberacións da ponencia da reforma non fixeron máis que comezar e xa están dando máis dunha dor de cabeza aos partidos políticos. Populares, socialistas e nacionalistas acusanse mutuamente de intoxicar á prensa e de tentar distorsionar o traballo deste órgano parlamentario, mentres que o acercamento de posicións sobre esta materia entre Quintana e Núñez Feijóo está a causar malestar en Touriño.