Artigos de Xurxo Ayán

Un espía no Reino de Galicia

Sentínlle unha vez unha frase maxistral ao intelectual catalán Rubert de Ventós nunha conferencia en Barcelona: “O basco enfróntase, o catalán negocia e o galego infíltrase”. Seméllame esta unha verdade coma un mundo. Xa sei que os tópicos baseados no determinismo xeográfico non pasan pólas súas mellores horas.

A xeración Nóos

Chuviñaba aquela mañanciña de domingo estival en Viveiro, polo que decidimos achegarnos a Cervo, á zona cero da dignificación da cultura galega, á factoría dos soños do vello Isaac Díaz Pardo.

A Mona Lisa

A profesora Almudena Hernando contounos o outro día unha anécdota familiar que raia co realismo máxico. Seica na casa o circo era un tema que estaba prohibido dende a época dos seus bisavós, cando un saltimbanqui chegara á vila formando parte dun circo ambulante húngaro. Ao rapaz deulle por xogar coa súa bisavoa, unha meniña de seis anos, e nun lance acrobático a rapariga esvaroulle das maos, caíndo ao chao nun golpe tan violento que lle estragou a columna vertebral. A nena quedou eivada o resto da súa curta vida. O curioso é que, ao longo dos anos, cando a nena sentía máis dores, a súa irmá xemelga padecía os mesmos síntomas, malia que estivese a kilómetros de distancia. Quizabes este misterio explique que Almudena sexa hoxe unha autoridade no que se deu en chamar Arqueoloxía da Identidade.

Sonvos tempos a abaltar

Nas terras abisinias de Metekel, por riba do Nilo Azul, na fronteira entre Sudán e Etiopía conviven daquela maneira diferentes grupos étnicos niloaharianos, historicamente perseguidos, escravizados e explotados pola xente do altiplano.

Tractor Thompson

A volta de democracia viñera cangada de sentimentos de emoción e curiosidade. O meu pai fóra a todos os mítins que por mor das primeiras eleccións se organizaran na cidade de Lugo. El estivo alí, cando Fraga estrou a chaqueta ao chao, refuciuse e case comeza a cutifóns e losquións cos nacionalistas galegos revolucionarios.

Copito de Nieve

Día de feira en San Pedro de Entrambasaugas. Un fato de homes fai a dixestión de cadansúa ración de pulpo cun vasete de licor café.

O caldeiro máxico

Os galegos teñen un aquel calcolítico na súa alma, quizabes como contraposición á case total ausencia do mineral de cobre na nosa terra. Esta eiva trae de cabeza dende hai décadas á investigación prehistórica galega. A evidencia cuprífera máis antiga atopada deica o momento seguen a ser os afamados machados planos de mediados do IIIº milenio antes da nosa era.

Alembraivos de nós

O galeguismo cultural e político dos anos 20, da man do mesmo Castelao, entronizou o escultor Asorey coma o mellor artista galego do seu tempo, coma o escultor capaz de materializar a esencia da xentiña nosa coa marca das gubias na madeira ou na pedra.