Artigos de Xurxo Ayán

O pedrolo é noso

O panonio Martiño de Dumio, na súa angueira de corrixir a rusticidade galaica, constatou no século VI da nosa era a querencia dos labregos deste país polo culto ás pedras, unha tradición que seica proviña xa dos tempos prehistóricos.

O pequeno sheriff

Abundio naceu nos anos da guerra de España. O seu pai emigrara a Cuba onde traballara de garda de extensas prantacións de azucre; voltou de alá cun fillo mulato e co convencemento da necesidade da orde para garantir o progreso. Neste clima criouse Abundio, aculturado na postguerra por esta xente de orde, católica e de dereitas, malia teren sido labregos pobres, ou quizabes, precisamente, por iso.

De medorra en medorra

Cómpre subliñar un aspecto básico da relación dos galegos coa materialidade do pasado: a meirande parte da poboación deste país comeza a valorar algo o patrimonio arqueolóxico cando pode fornecer un beneficio económico.

Dombáter

Eu era pequeno. Debeu ser polo verao de 1985. Despois dunha copiosa comida campestre por terras de Soneira a miña familia decidiu ir ver o castelo de Vimianzo e mailo castro da Cidá de Borneiro. De volta, ao pondaliano de meu pai deulle por porfiar que quería ver o dolmen de Dombate. Foi pouco antes das primeiras escavacións arqueolóxicas científicas no monumento megalítico a fins dos oitenta que permitiron localizar as súas afamadas pinturas e os idoliños líticos no corredor.

Libiános do Mal

Unha cafetería en Xinzo de Limia inclúe como recurso decorativo senllos marcos de madeira que abranguen follas desparexas dunha revista fascista española de 1941, centrada na, daquela, actualidade internacional política e militar.

O negro da máquina

En Guinea Ecuatorial non existen os xornais. Os kioskos que se poden atopar por Malabo adiante foron traídos directamente de España pola flamante directora da Biblioteca Nacional, Guillermina Mekuy, seguindo o modelo madrileño de Esperanza Aguirre.

Travestis

Hai pouco publicouse nun suplemento dominical unha excelente reportaxe sobre os coches que empregou Franco ao longo da ditadura. Como elemento esencial da cultura material contemporánea, estes carros explican de por si as conxunturas políticas e as distintas fases polas que pasou o franquismo ao longo de corenta anos, que se di cedo. Tamén os traxes axudan a reconstruír a historia dun Rexime.

Os libros arden mal

Ultimamente certos acontecementos poñen en evidencia a ausencia en moitos casos dunha mínima ética profesional e cidadá.