Artigos de Xurxo Ayán

Dende Frankfurt con amor

Un bo amigo agasalloume hai pouco con ese delicioso libro ilustrado sen palabras que é “Emigrantes” de Shaun Tan, unha obra de arte que amosa a difícil construción da identidade (ledicia, dor, trauma, soños, fracasos, éxitos) da xente que se move entre o alá e o acolá, entre o mundo que deixa e o mundo ao que chega.

Il Duce

Ninguén no seu san xuízo pode maxinar que os parlamentarios da IIª República tivesen acólitos que lles escribisen os discursos. A honestidade e talla intelectual de deputados como Azaña ou Castelao sitúaos nas antípodas da nosa presente clase política adubiada cunha recua de danzantes bailaríns entre os que sempre hai o que vulgarmente se chama un “negro”, si, esa persoa que sabe escribir e confecciona as prédicas, limiares de publicacións e pregóns inaugurais do prócer de turno. Ás veces a cousa remata mal como lle aconteceu ao ex-presidente das Illes Balears (asi vocé me mata).

As cruces de pedra na Galiza

Cando eu era pequeno, meu pai recurtaba o apartado de efemérides dos xornais: hace 130 años, hace 50 años, hace 25 años...Inda teño gardado ese pequeno arquivo, non só no corazón senón tamén nun vello baúl que arrecende a papel vello.

O taller de memoria

En Cerasia, en 1986 os sabios da parroquia (todos homes) decidiron que chegaran os tempos da Modernidade e deulles por rabanar as árbores centenarias de Os Carballos, o espazo comunal no que dende a Idade Media se celebraban as festas, sobre todo a lumieira do folión de véspera do San Brais, a comezos de febreiro.

A rata sobre o tellado de cinc

Veño de estar en Vitoria-Gasteiz participando como docente nun máster organizado pola Fundación Zaín e destinado a arquitectos, enxeñeiros, historiadores da arte e arqueólogos.

O Elinfante

Como sabedes, nos últimos anos temos traballado na fronteira entre Sudán do Sur e Etiopía occidental pescudando no modo de estar no mundo de comunidades étnicas marxinadas, perseguidas e escravizadas, como os gumuz ou os mao. Nestes pobos a Tradición confírelle moita importancia ao consumo ritualizado da cervexa en banquetes colectivos e á caza maior como rito de paso e prática cohesionadora dos varóns do grupo. O espallamento do Islam e dos misioneiros protestantes está rematando coa primera manifestación cultural mentres que o Estado abisinio, na súa angueira civilizatoria de antergos costumes, prohibe a caza a grande escala levada a cabo por estes grupos minoritarios.

Spanish Eyes

“I'll cross the world for green and gold But it's those Spanish eyes That get me home...home again” (U2)

A fusión nuclear

Galicia conta con máis da metade dos núcleos de poboación de toda España (Estado español, isto vai nos gustos). Hai pouco, todos os xornais do noso pequeno país tamén se facían eco dun dato fornecido polos especialistas en Xeografía Humana: Galicia ten xa 1.338 núcleos de poboación sen habitante algún. Isto é o que chamamos un baldeiro arqueolóxico. Supoñemos que dende aquela, a cantidade terá subido.