Artigos de Xesús Veiga

Nova política ou vellas práticas?

O proceso de conformación dunha alternativa para as vindeiras eleccións xerais encabezada por Iolanda Diaz, está suscitando divisións e polémicas no seo do espazo que pretende aglutinar semellante iniciativa. Destaca, sobre todo, o desencontro entre a actual vicepresidenta do goberno do Estado e a dirección de Podemos, moito mais se temos en conta que foi Pablo Iglesias quen proclamou publicamente -cando se retirou da primeira liña da política institucional- a comenencia de que ela encarnase o relevo como máxima dirixente de Unidas Podemos.

A encrucillada do PSdeG

O anuncio da candidatura de Valentín González Formoso -actual secretario xeral do PSdG- para tratar de repetir un novo mandato na alcaldía do concello das Pontes nas vindeiras eleccións do 28 de Maio e o recente nomeamento de Xosé Ramón Gómez Besteiro como delegado do goberno central na Galiza, abren novas expectativas a respecto do futuro liderado do Partido Socialista no horizonte dos comicios ao Parlamento galego.

O regreso das pantasmas financeiras

As crises vividas, nos últimos días, por algunhas entidades bancarias europeas e norteamericanas fixéronme lembrar as palabras escritas polo economista John Kenneth Galbraith no outono de 1987 -cando se rexistraba un novo desequilibrio financeiro en Wall Street- enumerando as semellanzas e as diferenzas con aquela histórica desfeita de 1929, preludio dun conxunto de acontecementos que rematarían no estoupido da II Guerra Mundial.

A resaca da pandemia

Cando, no mes de Marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde (OMS) certificou a existencia dunha pandemia provocada por un virus até entón descoñecido -e do que, por certo, segue sen existir un diagnóstico común suficientemente contrastado sobre a súa orixe-, produciuse unha ruptura notábel na vida social e nos códigos normativos deseñados anteriormente por todos os gobernos e organismos internacionais.

Un ano despois da invasión de Ucraína

Hai un ano, o goberno de Putin tomou a decisión de invadir Ucraína. A grande maioría dos gobernos europeos e dos observadores que analizan, habitualmente, a situación política internacional non tiñan considerado a posibilidade de tal actuación dos dirixentes rusos. No seo da opinión publica e publicada que se move en coordenadas de esquerda, a sorpresa tamén foi moi notoria.

Ence: a razón da forza ou a forza da razón?

Cando Alfonso Rueda -poucas horas antes de que o Tribunal Supremo ditase sentenza sobre diversos recursos presentados a respecto da presenza de ENCE na ría de Pontevedra- afirmou que estabamos ante " algo mais que unha empresa" non solemnizaba a evidencia da condición singular dunha entidade que posúe unha longa historia conflitiva senón que estaba asumindo a dirección pública do conglomerado de empresarios e colectivos defensores da continuidade de ENCE na súa ubicación actual e, xa que logo, manifestando unha explícita belixerancia contra os sectores que veñen cuestionando a pertinencia de semellante localización industrial.

Retos para artellar unha alternativa de cambio

Segundo os prazos legais vixentes, o límite temporal para celebrar os vindeiros comicios ao Parlamento galego está situado no mes de Xullo de 2024. Nunha primeira impresión semella un período moi longo para establecer consideracións de certa entidade a respecto do desenvolvemento e consecuencias de tal evento electoral.

Previsión e realidades no tránsito ao 2023

Sempre que se achega o remate do ano resulta inevitábel buscar elementos que singularicen os últimos doce meses e sinalar algunhas hipóteses sobre o desenvolvemento do futuro inmediato.