Artigos de Xesús Veiga

A evolución da crise catalá

No vindeiro outono cumpriranse 5 anos dunha das maiores crises políticas rexistradas no Estado español dende a morte de Franco. Despois dun amplo período de xestación, nos meses de Setembro e Outubro de 2017 sucedéronse dous acontecementos inéditos: a declaración da independencia de Cataluña polo Parlament e a aplicación do artigo 155 da Constitución por parte do goberno de Mariano Rajoy.

Mella, Nogueira, Mariñas: tres figuras xustamente recoñecidas

Nas últimas semanas rexistrouse unha coincidencia que merece ser comentada. Tres figuras ben coñecidas na política galega durante as décadas posteriores ao establecemento do réxime constitucional e autonómico vixente (Carlos Mella, Camilo Nogueira e Pablo González Mariñas) recibiron distintos recoñecementos públicos pola súa traxectoria comprometida coa defensa do autogoberno galego.

Responsabilidades políticas e xudiciais

A dimisión de Mónica Oltra de todos os cargos institucionais que ostentaba, ten a súa orixe na investigación decretada polo Tribunal Superior da Comunidade Valenciana por mor duns feitos graves acaecidos nun centro dependente da consellería que dirixía a política de Compromís. Mais alá do desenvolvemento futuro que experimente o procedemento xudicial, esta dimisión pode merecer unha reflexión sobre o comportamento dos partidos políticos durante os últimos anos.

Sahara, Kurdistán, Palestina: Vítimas da indolencia da ONU

A actualidade da política internacional está dominada pola guerra que se desenvolve en Ucraína. Poren, este feito non evita que se manifesten vellos conflitos, reavivados algúns deles pola propia desestabilización creada no territorio europeo por mor da intervención militar promovida polo goberno que encabeza V. Putin.

A morte do "Juancarlismo"

Para as persoas que participamos na resistencia antifranquista e que defendimos – a partir de 1976 – a instauración dunha forma de Estado republicana, o que está sucedendo co anterior xefe do Estado causa unha grande sorpresa porque, seguramente, non entraba nas previsións de quen profesaba as conviccións mais intensamente antimonárquicas.

Espionaxe sen control democrático?

O recente coñecemento de diversos episodios relacionados coa espionaxe practicada a diversas persoas do movemento independentista catalán e ao propio presidente do goberno do Estado (e tamén á ministra de Defensa e ao ministro do Interior) colocou no centro da atención pública o vello problema da actuación dos distintos organismos públicos encargados da seguridade do Estado.

Os impactos dunha guerra imprevista

Coa guerra que se ven desenvolvendo en territorio ucraíno dende hai mais de dous meses, sucede algo semellante ao que se rexistrou coa pandemia da COVID: practicamente ninguén foi capaz de prever a existencia dunha traxedia destas dimensións neste momento histórico preciso.