Artigos de Xesús Veiga

Dez anos sen ETA

A estrea do filme “Maixabel” coincidiu, practicamente, co décimo aniversario do anuncio de ETA da súa renuncia unilateral á continuidade da práctica da violencia. Mais alá das inevitábeis doses de ficción, o que se relata na obra artística de Icíar Bollaín é un conxunto de acontecementos que tiveron lugar nos últimos anos da existencia de ETA. Nomeadamente dous: o atentado contra Juan María Jauregui (membro do Partido Socialista de Euskadi e anteriormente do Partido Comunista e tamén da propia ETA) e as conversas entre Maiaxabel Lasa -viúva de Jauregui- e dous dos participantes directos na acción que rematou coa vida do ex-gobernador civil de Gipuzcoa.

O Parlamento galego cumpre 40 anos

Estanse conmemorando os 40 anos da celebración das primeiras eleccións ao Parlamento galego. Se houbera que destacar algunhas circunstancias do resultado rexistrado naquel 20 de Outubro de 1981poderianse citar tres: a porcentaxe de abstencionistas (53,7%) foi superior á de votantes; AP ficou como primeira forza, por riba da UCD (a pesar de que este partido gobernaba no conxunto do Estado) e as formacións nacionalistas (Bloque-PSG e EG) obtiveron 4 escanos sobre os 71 que , naquel momento, conformaban a Cámara lexislativa.

Abrindo a caixa dos papeis de Pandora

Para as persoas amantes do cinema, o filme “Casablanca” figura, sen dúbida, no catálogo das ficcións imprescindíbeis. Por iso, resultará doado que lembren a escena no que o experimentado e cínico capitán de policía Louis Renault, presente habitualmente no “Café de Rick” afirma escandalizado, e antes de ordenar o peche do local, que alí se está xogando. A metáfora desta sorpresa impostada podería ser trasladada a certas reaccións rexistradas ante o coñecemento dos chamados “papeis de Pandora”, un conxunto de documentos demostrativos de contas opacas en paraísos fiscais para agachar as obrigas tributarias asociadas a diversos persoeiros das elites económicas, políticas, artísticas e deportivas de distintos países do mundo.

Dos parlamentos ás tertulias

A recente incorporación de Carmen Calvo e Pablo Iglesias a unha tertulia nocturna da SER -xunto con Margallo, anterior ministro de Exteriores no goberno de Rajoy- provocou diversas reaccións no mundo da opinión publicada.

Preparando unha alternativa a Feijóo?

Nun prazo breve de tempo, ao longo do presente ano, van ter lugar os Congresos ou Asembleas das organizacións políticas que conforman, actualmente, o Parlamento galego.

Unha nova xeira na política internacional

Os acontecementos rexistrados nos últimos días en Afganistán evocáronme dúas frases moi utilizadas na literatura sobre as dinámicas sociais. Unha delas está tomada de Karl Marx cando afirma (na súa obra “O 18 Brumario de Luis Bonaparte”) que os acontecementos históricos ocorren dúas veces: unha como unha grande traxedia e outra como unha miserábel farsa. Está, ademais, a coñecida aseveración de que unha sociedade que ignora a súa historia está condenada a repetila.

A encrucillada cubana

Cada certo tempo, a situación política e social na que vive Cuba ocupa lugares destacados no mundo mediático do Estado español. Nesta última ocasión, o motivo da aparición foron as protestas rexistradas nalgunhas cidades e vilas da illa caribeña por mor das dificultades que atravesa un amplo sector da poboación para conseguir os bens e servizos que precisa para facer fronte aos efectos derivados da pandemia do coronavirus.

Continuismo e cambio na pandemia

Poucas semanas despois de comezar a pandemia, diversos analistas atrevéronse a formular prognósticos sobre os impactos da crise sanitaria nos comportamentos sociais e nas estruturas económicas e políticas existentes nos ámbitos estatal, nacional e internacional.