Artigos de Xosé Glez.

Ciencia, humanismo e galeguismo... Unha homenaxe ao doutor Domingo García-Sabell

Tres son os esteos nos que asenta o discurso fundacional da Irmandade da Sanidade Galega: ciencia, humanismo e galeguismo. Os tres conceptos compleméntanse cando o exercicio da medicina se practica co auxilio da antropoloxía. A ciencia, como medio imprescindible para curar as anormalidades dos corpos; o humanismo, para que o profesional da medicina instalase o seu saber nas coordenadas culturais do enfermo, e o galeguismo para entender a esencia da urdime sentimental do paciente.

Enrique Peinador Lines e a revista "Nós"

O número 1 da revista “Nós” publicouse o 31 de outubro de 1920. Na cabeceira figuraba como director Vicente Risco e no equipo de redactores, entre outros, Ramón Cabanillas. A revista sería a peza fundacional do nacionalismo galego e instrumento ideóneo para a construción das bases da identidade do país. Foi un intento de establecer un diálogo coas vangardas; un coloquio entre a tradición e modernidade que tiña que facerse necesariamente desde unha óptica nacionalista e monolingüe galega.

Pepe Velo terá un monumento en Celanova

En 1969, Celso Emilio Ferreiro xa rompera as relacións coa directiva da Hermandad Gallega de Caracas por profundas desavinzas políticas. Nunha carta datada o 15 de xullo dese mesmo ano explícalle a Xosé Velo, que xa por entón vivía no exilio en Sâo Paulo, os seus proxectos literarios, pero algo máis: “politicamente traballo cun grupo pequeño de amigos a prol da UPG, unha organización de xente moza, de carácter socialista, que hoxe é a única que fai algo na nosa Terra. Noutra ocasión mandareiche o seu programa, que imprentamos eiquí e estamos introducindo no interior”.

Irmandade galega de agroalimentarios e adegueiros

No libro titulado “Palabras da Terra. Galeguizar Galicia” editado en 2006, recóllense as opinións dun grupo de adegueiros que explican as razóns de etiquetaren os envases dos seus viños en lingua galega. Esther Teixeiro, da Ribeira Sacra, díxoo así: “O viño é unha desas marabillosas creacións que emanan do bo entendemento entre o home e a terra. Eu quero facerme entender cada vez cun maior número de xente e, polo mesmo, desexo que a lingua de Galicia sexa a forma de expresión que nos recoñeza e nos proxecte no mundo”. Hoxe xa se etiquetan en galego moitos outros produtos de consumo.

A memoria da asociación cultural de Vigo

Días atrás asistín a unha mesa redonda sobre a historia da Asociación Cultural de Vigo na que participaban Camilo Nogueira e Xosé L.Franco Grande, moderada por Ricardo Gurriarán, avezado investigador das máis agochadas páxinas da historia de Galicia.

A lingua dos nosos produtos de calidade

O Foro E. Peinador vén de celebrar nos últimos quince días varios actos para galeguizar o ámbito empresarial, día si e día non, con gran presenza de público.

Reivindicando a memoria de Pepe Velo

Celanova ten na súa historia tres figuras sobranceiras: Curros Enríquez, Celso E. Ferreiro e Xosé Velo Mosquera. Os dous poetas son ben coñecidos pola proxección da súa obra literaria. Pepe Velo, malia ser tamén un excelente poeta con obra inédita, é o menos coñecido polo común dos galegos. Sen embargo, ten méritos abondos para figurar na historia de Celanova con letras ben grandes.

Galeguízase "Rodríguez López Autos"

No Polígono Industrial de San Cibrao (Ourense) están as naves industriais de Rodríguez López Auto, unha empresa dedicada inicialmente á fabricación de carrocerías para toda clase de vehículos que ten as súas oríxes na década dos anos oitenta. Tempo despois, especializaríanse na fabricación de vehículos de transporte sanitario, tendo hoxe o 70% da cota de mercado español. Carrozan tamén vehículos antidisturbios e de transporte especial para o Corpo Nacional de Policia así como ambulancias para as Forzas Armadas.