Multiculturalismo e colonización

Opinión - 06 Setembro 2011

Neste mundo tan moderno, global e cosmopolita, a colonización cultural e lingüística está á orde do día. Naturalmente presupón unha indisimulada opresión e discriminación económica.

Búnker catedral

Opinión - 29 Agosto 2011

Corrían os anos corenta, plena euforia da España nacional-católica. O afán por demostrar a íntima simbiose de relixión e política na súa historia, a tradicional alianza de altar e poder, non tiña descanso.

As voces comprometidas

Opinión - 25 Xullo 2011

Resulta sorprendente comprobar como se pode ilusionar un sector da poboación con propostas estereotipadas, inxenuas e contraditorias, se o envoltorio e as formas aparecen como novas e inmaculadas. Tan abraiante como constatar a fe nunha mudanza colectiva a base de subliñar o individualismo, o ego e a suposta capacidade das novas tecnoloxías -as redes sociais- para superar e suplantar as organizacións colectivas actuantes na sociedade de forma constante e con obxectivos definidos, chámense partidos ou sindicatos.

Códice Calixtino: oh!!

Opinión - 10 Xullo 2011

A existencia do Códice Calixtino, como todo o patrimonio histórico-cultural, material ou inmaterial, de Galiza, foi descoñecido, ignorado ou menosprezado pola inmensa maioría dos galegos e galegas. Así adoita pasar en toda colonia que o é sen recoñecelo.

Retrinco cultural

Opinión - 27 Abril 2011

Con certa estupefacción, malia ser previsíbel, comprobei como, nos últimos anos, algunhas asociacións de veciños de Ferrol organizaban Ferias de Abril, con impostura imitativa, á maneira sevillana.