Artigos de H.Harguindey

Eu fun incendiario

Que podiamos facer co material que tiñamos preparado ? Ao final non iamos ir á aldea : onde queimar aquela pólvora ? Que facermos con ela ?

Galegoportugués

Novo artigo da sección "Baguiño a baguiño", de Henrique Harguindey sobre a lingua galega. Desta volta sobre a vinculación entre o galego e o portugués.

Morren as linguas?

Terceiro artigo da sección lingüística 'Baguiño a baguiño', de Henrique Harguindey. Desta volta sobre o pasado e o futuro do galego e as mudanzas do galegoportugués ao longo da súa historia.

Saúdo

Segundo artigo da sección lingüística da sección 'Baguiño a baguiño', de Henrique Arguindey. Desta volta sobre as formas de saúdo en galego e a súa orixe.

"Baguiño a baguiño", nova sección sobre o galego no GC

Henrique Harguindey será o autor destas pequenas pezas sobre a orixe e o uso da nosa língua.

O rapaciño de Boston

O rapaciño vai facer dous anos e vive ao pé de Boston, nos Estados Unidos de Norteamérica, Alá leva xa algúns meses, feliz e alleo á vesania que provoca a dor e a morte ao seu carón ou nas antípodas.

Forzas políticas propias e memoria histórica

Hai corenta anos, a aínda incipiente esquerda nacionalista galega na clandestinidade atravesou un momento crucial que estivo a piques de lle costar a supervivencia. A FECO, Federación de Comunistas de Madrid, antecedente do MCE, intentou, con algún apoio dende dentro, apoderarse da UPG, e só a decidida reacción dun activo sector da militancia impediu a desaparición da organización.

Palabras para Horacio e para toda a tribu

Saudiña, Horacio: Felicítote, pois vexo que no medio da treboada que está a caír conservas o sentido do humor. “Abenzoados os que saben enfrontarse á adversidade co distanciamento da ironía” podería dicir un novo mesías.