"O BNG ten que estar en Bruxelas para que unha gandeira galega teña as mesmas axudas que un gandeiro do resto de Europa, por exemplo, francés, algo que non sucede a día de hoxe", afirma a candidata Ana Miranda
Segundo informa o Goberno galego, neste encontro analizáronse as relacións bilaterais entre Galicia e Francia, así como a situación dos cidadáns deste país en Galicia, que son ao redor de 1.600.
No seu post, acompaña a mensaxe dun vídeo que inclúe imaxes de diversos momentos do seu mandato: entre eles o das palabras que, no mesmo sentido de camiñar 'acompañado', pronunciou no seu último debate de investidura.
O Barómetro de Opinión realizado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) a principios do mes de maio, tras o período de reflexión de cinco días que se deu o presidente Pedro Sánchez, coloca de novo ao PSOE na cabeza cunha estimación de voto do 35,5 % e cinco puntos de vantaxe sobre o PP, ao que se atribúe un 30,4 %.
O BNG, o PSdeG e o deputado de Democracia Ourensá súmanse a unha reclamación para investigar os contratos da pandemia ante as "dúbidas" que existen.
Así o explicou o presidente galego, Alfonso Rueda, quen tamén destacou que a Xunta está a recibir "moitas peticións de información" doutras comunidades con costa para facer "unha normativa similar" que lles permita tamén "exercer estas competencias".
O portavoz do PP local, Borja Verea, demandou ao Concello que faga público "o informe de patrimonio desfavorable" das actuacións das festas da Ascensión con grandes camións no Obradoiro. A alcaldesa defende que as cuestións organizadas pola administración local "non teñen que pasar pola Comisión de Patrimonio".
Besteiro ve na vitoria de Illa "o fin da fábrica de producir independentistas" do PP. Distintos dirixentes galegos valoran xa o resultado dos comicións cataláns que deron a vitoria ao socialista Salvador Illa.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, afirmou que o seu departamento ten "un reto difícil, pero ilusionante" e mostrouse convencida de que a Xunta o "vai a solucionar".