O PP pide explicacións polo exportavoz da plataforma ProCAPD a BNG e PSdeG, quen din que é a Xunta a que ten que aclarar como puido traballar con menores tras a súa condena.
  comenta   0
"É inadmisible que aínda que pasaron polo Consello da Xunta a finais de 2024, aínda non estean publicadas estas axudas, algo que habitualmente se fai o 2-3 de xaneiro", sinalou a deputada Noa Presas.
  comenta   0
Ademais, cun 3,5 % dos votos, terá un posto na Executiva a cabeza de lista da candidatura presentada polo colectivo 'Alicerce', o portavoz do Bloque no Concello de Mos, Gustasvo Barcia. Aínda que nun primeiro momento transcendeu que a lista de Noa Presas tería tres integrantes na Executiva, finalmente serán dous.
  comenta   1
Pontón, que integra a afíns e dirixentes da UPG, a pesar das críticas deste partido na última semana, enfróntase a Noa Présas, de 'En Movemento' e o edil independente Gustavo Barcia, de 'Alicerce'. A líder nacionalista reivindicou este domingo o seu liderado á fronte dun BNG "máis forte" no "organizativo", o "social" e o "electoral" e avisou á militancia de que "non hai nada máis revolucionario que chegar ao goberno".
  comenta   0
A viceportavoz parlamentaria do BNG rexeitou pronunciarse sobre se ve posibilidades de chegar á asemblea cunha lista conxunta ou que integre ao Movimento Arredistas, no que se inscribe a tamén deputada Noa Presas.
  comenta   0
"Somos compañeiros e compañeiras que podemos expresar cales son as nosas ideas. Eu entendo que despois do que vimos neste país, cun Feijóo que se vai designando a dedo quen é o seu sucesor e con prácticas antidemocráticas nas organizacións, pois se cadra as cousas non se entenden, pero no BNG, se algo temos, é un valor importante como é a democracia interna", insistiu a portavoz nacional do BNG.
  comenta   1
As 25 medidas presentadas polo BNG están articuladas sobre cinco grandes liñas de actuación: incrementar os recursos económicos destinados a combater a violencia de xénero e os medios; aumentar as axudas directas ás vítimas; reforzar a rede pública de loita contra os machismos; e educar e formar en igualdade.
  comenta   0
Noa Presas ve "absolutamente natural" que haxa máis candidaturas a liderar o BNG. A lista encabezada por Gustavo Barcia busca que se profunde en reforzar a participación da base militante, a igualdade e a diversidade, e o ecoloxismo.
  comenta   0
A actual voceira nacional está respaldada pola UPG, cuxos principais cargos están na súa candidatura. Noa Presas está apoiada polo Movemento Arredista, e Gustavo Barcia integra un novo colectivo, sobre todo, con militantes da política local.
  comenta   0