Basta de chantaxes. Acábasevos o tempo

Sempre defendín nas redes sociais de Podemos, e tambien en reunións presenciais, tamén ante os incondicionais de Pablo Iglesias, (o cal me supuxo recibir dos máis variados insultos e descualificacións), que Podemos debía de exercer de control do goberno desde fóra do goberno, e que non entendía ese ansia por un pacto co PSOE..

Por Carlos González Armada | Ferrol | 30/07/2019

Comparte esta noticia
Tras a errada negociación e investidura reafírmome na devandita opinión, un goberno á Portuguesa é o mellor para o estado e para Podemos, pero que ao non ser asumida polos ex-compañeiros morados, fanme ter unha pequena reflexión, a que segue.
 
Seguir insistindo nunha estratexia de pacto xa fracasada sería a ruína para a esquerda, para toda a esquerda que non se reduce tan só a Podemos... Xuntos apoiaría, (se puidese facelo), que para setembro se negociase desde a esquerda un acordo de programa e accións de goberno durante a lexislatura que permitise un goberno do PSOE, e que Podemos pasase á oposición para construír unha alternativa, unha alternativa real de futuro, unha alternativa real de esquerdas 
 
Creo que esta seria a mellor  opcion, porque para Podemos entrar nun goberno liderado polo PSOE significaría atarse de pés e mans cun partido político cuxo único obxectivo é facer desaparecer as ganas de cambio do pobo. A esquerda real necesita ter total independencia para construír unha dirección diferente, politicamente falando.
 
Para a esquerda real, (ademais de Podemos existen máis actores indirectamente implicados, como ERC, BNG,  Compromis, Máis Madrid, ou partidos  Municipalistas - Progresistas como  Xuntos e outros similares), existen obxectivos políticos de moito calado, como pode ser....que non goberne a dereita, conseguir melloras sociais e económicas para a xente traballadora, ou conseguir unha proposta de sociedade mais xusta, mais democrática, mais ecoloxista, ou mais feminista.
 
Esa outra esquerda real, aínda que mais oculta, queremos derrogar a reforma laboral, a lei mordaza, blindar as pensións, subir os salarios, ou modificar o artigo 135 para poder investir no publíco. Por iso se o PSOE quere un goberno monocolor e en minoría, cunha  concesión temporal da esquerda real, o que debe conseguir é que ERC,  Compromis, e Podemos...sobre todo Podemos, cédanlles eses votos, e para iso  terán que cumprir esas demandas antes expostas.
 
É necesario crear unha situación onde a través dos votos do Parlamento, e desde a oposición, se eviten as chantaxes do  Regimen do 78, xa abonda de prometer en campaña electoral e non cumprir ao chegar ao goberno, e ese basta!! deberá de gañarse día a día no control do goberno menos malo e mais controlable que se pode conseguir, o do PSOE....xa abonda de mirar o embigo propio e non os problemas das clases medias e baixas, basta de teatro señores, fagan política que cobran por iso.

Pedro Sánchez e Pablo Iglesias.
Pedro Sánchez e Pablo Iglesias.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA