Falece un mozo de 28 anos e outro resulta ferido grave nun accidente de moto en Rianxo

Un mozo de 28 anos faleceu na tarde deste sábado e outro resultou ferido grave nun accidente de moto en Rianxo, na provincia da Coruña, tras saírse da vía e chocar contra un poste contiguo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2019 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Un mozo de 28 anos faleceu na tarde deste sábado e outro resultou ferido grave nun accidente de moto en Rianxo, na provincia da Coruña, tras saírse da vía e chocar contra un poste contiguo.

Fontes da Garda Civil de Tráfico informaron a Europa Press que as dúas persoas viaxaban na mesma moto. O condutor faleceu no accidente, tiña 28 anos e era veciño do municipio de Valga, en Pontevedra, mentres que o segundo ocupante atópase gravemente ferido.

Os axentes de tráfico comunicaron que ambos viaxaban nunha Yamaha YZF R6 cando se produciu o suceso, ao redor das 19,13 horas da tarde do sábado, no quilómetro 1/700 da estrada de Brión (DP-3301), á altura da parroquia de Leiro, en Rianxo. Desde o 112 Galicia sinalaron que o aviso de accidente foi dado por varios particulares que contactaron con este servizo de emerxencias para pedir "asistencia médica urxente" para dous motoristas tendidos na vía, un deles "posiblemente inconsciente".

HELICÓPTERO MEDICALIZADO

De inmediato, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) pediu a colaboración do 061-Urxencias, que mobilizou un helicóptero medicalizado con base en Ourense para trasladar ao segundo ocupante "gravemente ferido" o Centro Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), "debido a gravidade das lesións".

Igualmente, o 112 Galicia sinalou que deu aviso aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Policía Local de Rianxo e aos voluntarios de Protección Civil do municipio para colaborar no operativo. As dilixencias trasladáronse ao Xulgado de Padrón de garda, que abrirá unha investigación para esclarecer as causas do ocorrido e está á espera de que se realice a autopsia para estudar os resultados.

Ciclomotor fóra da carretera
Ciclomotor fóra da carretera | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta