O PPdeG perdería até oito escanos nas autonómicas e PSdeG, BNG e Galicia en Común sumarían maioría absoluta

As proxeccións de Electomanía sitúan en 33 os deputados para os 'populares', 22 para os socialistas, oito para o BNG, outros tantos para a marca de Podemos e catro para Ciudadanos. Vox quedaría fóra.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/08/2019 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

Se hoxe se celebrasen eleccións autonómicas en Galicia, o PPdeG, liderado por Alberto Núñez Feijóo, perdería a maioría absoluta, segundo as proxeccións de Electomanía, medio especializado en demoscopia. 

Estimación para autonómicas Galicia 2020
Estimación para autonómicas Galicia 2020 | Fonte: electomania.es

Os cálculos sitúan o partido de Feijóo co 37,4 % dos votos, 10,8 puntos por enriba do PSdeG, que se afianzaría como segunda forza en Galicia co 26,6 %.

O BNG recuperaría músculo co seu sorpasso a Galicia en Común (derivado do partido instrumental En Marea), ao conseguir o 11,9 % dos votos fronte o 10,9 dos segundos. Ciudadanos sería a última forza que acadaría representación no Parlamento galego, co 6,7 %.

Así, o bloque alternativo da esquerda (PSdeG, BNG e Galicia en Común) sumaría o 49,4 % dos escrutinios, fronte o 44,1 da dereita (PP e Ciudadanos) e abriríase a vía para un novo goberno de coalición progresista, sumando 38 escanos (o límite da maioría absoluta) do seguinte xeito: 22 deputados para os socialistas, oito para os nacionalistas e outros oito para a marca de Podemos en Galicia.

O PP quedaría con 33 representantes (oito menos que nos últimos comicios) e Ciudadanos acadaría catro, sumando ambos os dous 37 escanos. 

O partido ultradereitista Vox conseguiría tan só un 2,9 % dos votos, manténdose como forza residual en Galicia e sen representación na Cámara.

Con todo, a proxección do partido gañador por concellos mostra unha hexemonía do PP, que tingue de azul a gran maioría do país por municipios, con pequenas illas onde o PSdeG e o BNG serían os partidos vencedores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

6 xos

Non é unha estimación baseada en enquisas ao Parlamento de Galciia. Trátase de xente que participa voluntariamente no panel, e usas os datos doutras eleccións, como as do Estado. Non se debe tomar esta proxección nen sequera como unha enquisa, senón como un estudio de tendencias. Non é que sexa malo o panel, pero fáltalle, sobre todo, moita enquisa real ao Parlamento de Galicia para tomalo moi en serio.

5 Roade

Esas previsións demoscópicas non contan que Yolanda Díaz será a candidata á Presidencia da Xunta por Unidas Podemos, e que tal circunstancia disparará a tendencia de Voto a favor desa formación, ata o extremo de superar en 2,4 puntos ao PSOE de Caballero

4 Anonimo

La noticia es que galicia sigue azul del PP y los del bloque no son capaces de analizar lo que ocurre y eso no es bueno. Primeramente yo sacaría la estrella roja y luego sería más suave con la lengua sino el bloque desaparecera

1 Sentidiño

si no

3 Gamela

Outro bipartito á vista... e logo que? Carguiño pra tí , carguiño pra min...? Galicia sen homes quedas que te poidan traballar? Que NON é cousa de votar, é cousa de TRABALLAR polo futuro de todas !!!

1 Gamel

amargura substantivo feminino Amargor substantivo masculino 1 Sabor amargo, calidade do que é amargo ao gusto 2 figurado Sufrimento moral, desgusto, aflición

2 Boubeta

Como trisca esta nova. Bogade e non sear

2 xosel

O do BNG non vai colar.