Bautista chama “polisóns” aos críticos que quedan no BNG

O histórico líder da UPG tamén carga contra os que marcharon, aos que acusa de non aceptar a democracia e agora andar facéndolle as beiras a "radicais", mesmo a "grupellos proclives á resistencia armada"

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/04/2012 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

“Non pertence á ortodoxia nacionalista a resurrección dos autos de fe dos tempos da Inquisición, mesmo que haxa quen cre no Santo Oficio igual que nas meigas. Pero si é de rigor manterse vixiantes e distinguir os pasaxeiros dos polisóns. Unha cousa é discrepancia e outra oposición. Se cadra, un dos erros que conduciron á situación actual foi o non ter posto na porta de entrada o cartel de reservado o dereito de admisión”.

Este é un dos parágrafos do artigo de  Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital editado pola UPG, o partido máis numeroso dentro do Bloque. Álvarez arremete duramente tanto contra os que acaban de marchar da fronte como os que seguen nela sen aceptar o comunismo da APU, plataforma gañadora das dúas últimas asembleas do BNG e impulsada pola UPG.

Aos que marcharon, o veterano político acúsaos de non aceptar a democracia e de agora andar desorientados buscando socios entre a “seudoesquerda españolista” e o “independentismo radical ou mesmo grupellos proclives á resistencia armada”. De todos os grupos que había no BNG, só quedan dentro a propia UPG, o MGS (unha escisión da UPG) e a minoría de militantes de Máis Galiza, na súa maioría cargos en concellos e no Parlamento, que decidiron quedar no Bloque malia que Máis Galiza marchou . Álvarez relativiza o impacto das escisións pois “non é máis cá un pequeno furuncho que pouco a pouco vai supurando o brume da infección”.

Non saen mellor parados os que quedaron na front, "os que a banda pioneira deixou en retagarda". Álvarez advirte que seguen dentro por conveniencia puramente persoal, é dicir,  “quedaron co santo pola esmola e non por devoción”. Estes “polisóns” continúan no BNG “por medo á friaxe ou non ter garantidos suficientes apoios nas institucións”.

None

Terra e Tempo marca distancias

Non é a primeira vez que Álvarez carga moi duramente contra outras opinións dentro do BNG. Fíxoo, por exemplo, cando asegurou que no Bloque sobraba unto e faltaba cloro.

Iso si, desta vez Terra e Tempo marca distancias coas opinións vertidas polo ex-parlamentario. Así, a publicación da Fundación Bautista Álvarez e órgano de expresión da UPG “recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles”. Noutras palabras, que o artigo do seu ex-voceiro non reflicte necesariamente a opinión da formación que lidera Francisco Rodríguez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 144 comentarios

51 Larchán

É abraiante o nivel de frikismo que concentra o Confidencial! xa se asemella a parada dos monstruos. Cousas de abrirse a frivolidade.

1 comento

Larchán, me parto!! O que hai é senso de humor, como non podía serd outros xeito...É que o TeT éche muito boa revista de humor, facendo uha férreea competencia a EL Jueves.... Para frikismo todo o que está pasando no bng e como o B-Autista insiste en fumighar as asembleas con cloro pra que só fique a herba brava que há levar o país a ...Frikismo,dis....Si si si. Agora ben:eu son Aymercih, ou BEsadam ou Sandra, e xente así...e miraría todas as mañás debaixo do carro; e non bebería a agua engarrafada que me deseen na sede nacional.... bautista deixouno claro...ben clariño...

50 Generación Beat

Na UPG como na india as vacas son sagradas. Ese é un dos bois! eche un bo boi mira que cornea, moi listo non é pero cornear... Cornea que da gusto. Xd A solución para o futuro do país é o vértice que inclúa ecoloxía, o comunismo está morto, o capitalismo agonizando, a socialdemocracia non é máis que a dialéctica resultante do capitalismo e comunismo, está morta tamén. Que queda? Un mundo no que se coide a natureza e un mundo no que haxa respeto... Hai o BNG... Ese titánic á deriva, ese coloso ardendo, esa nube de fume que cornea pólvora, pois as magnolias rematáronse!

1 freud

o que están mortas son as tuas neuronas, paspán. Que cantidade de xili polladas fai decir a droga.

2 Generación Beat

Bo argumento si señor, unha medalla para o señor!

49 quediríacastelao?

Este señor amosa un nivel intelectual, de lóxica, de cultura política, de educación e de respeito que nunca pensei qeu se daría no eido nacionalista. Se iso é que fica no BNG.......qeu teña unha morte rápida e sen dor, por respeito ao que un día foi e hoxe xa non é.

1 Akribéstaton

Isso é porque não leste ou ouviste aos ex-ex-bng.

48 Ruano

Seixo y Carreira los dos de siempre: Que manía de entrometeros donde nadie os llama; que yo sepa me he dirigido a Bauti, y resulta que me responden dos loros incordiantes dándose por aludidos. Yo elijo el nivel del interlocutor y suelo no perder el el tiempo en bagatelas como vosotros . Pero como tenga que bajar a sacudiros, os voy a dar en firme para que no volvais por otra........ Ahora resulta que este par de pollinos quieren competir en el Grand National.

47 Bauti forever

caaaaaaaaaaña Bautista!...todo o que lles digas é pouco!!!...moqueteros do carallo!!!!...cobardes e traidores que quedan podrecendo dentro do BNG. Nin honra tiveron para liscar cando puderon.

1 nacionalista anti UPG!!

menos mal q tedes o dinosaurio este pa defendervos q o resto nn sabedes nin eso!!

2 Bauti forever

ti mesmo te defines: eres un "resentido"!...en vez de teres identidade "eres" algo por estar en-contra-de...e coma ti todos eses que pensaban que o BNG era un clube de opinión onde cada un fai o que que lle peta...pois NON!...hai ESTATUTOS que cumprir, cartas financieiras que cumprir,lealdades que cumprir e obxectivos que cumprir...así de fácil meu!...o que non o entenda ou non o queira entender...PARA A CASA!!!!!!!

3 nacionalista anti UPG!!

xa bas vendo ti os q pensan coma ti,cantos ides qedar na secta esa a finais deste ano??ha,ha,ha

4 Bauti forever

ese "bas" é con "v"...burriño, "resentido-2".

5 bauti pasmon!!

Ves intelectuales de pacotilla,fixadesvos no q nn importa