Dúas persoas resultan feridas nunha colisión entre dous turismos en Carballeda de Valdeorras

As dúas persoas perxudicadas tiveron que ser trasladadas ao hospital.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2019 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas de diversa consideración tras unha colisión entre dous turismos na estrada nacional 536 á altura do concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense) durante o mediodía deste domingo.

En concreto, fontes do 112 Galicia confirmaron a Europa Press que o accidente se produciu ao fío das 13,40 deste domingo ao paso deste viario pola parroquia de Sobradelos. Foi a chamada dun particular quen alertou do sucedido aos servizos de emerxencias, que mobilizaron a outras unidades ata o lugar dos feitos.

Ademais, as dúas persoas prexudicadas tiveron que ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia. Os servizos sanitarios desprazaron a unha delas en ambulancia e a outra un helicóptero que ten base en Ourense, xa que os afectados están feridos de diversa consideración.

Ao lugar do sinistro desprazáronse os Bombeiros de Valdeorras, que tiveron que excarcerar a un dos accidentados por atoparse atrapado no interior dun dos turismos implicados. Ademais, tamén asistiron os profesionais de Urxencias Sanitarias do 061 e a Garda Civil de tráfico.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta