Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2019 | Actualizada ás 17:03
O Programa Iacobus, que promove a cooperación en investigación científica e tecnolóxica no ámbito universitario e dos centros tecnolóxicos na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, apoiou desde 2014 un total de 798 proxectos, cun financiamento global de preto de 880.000 euros.
O obxectivo desta iniciativa é fomentar o desenvolvemento de proxectos de innovación e a divulgación de papers (publicacións científicas). O Iacobus está xestionado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT), en colaboración coa Xunta, a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte e a Fundación CEER, e está cofinanciado polo Programa Interreg VAI.
No programa participan sete universidades, catro institutos politécnicos e 22 centros tecnolóxicos da Eurorrexión e conta con dúas modalidades: o Iacobus estancias de investigación e o Iacobus papers.
As áreas de traballo dos beneficiarios das convocatorias xa lanzadas ata o momento son moi amplas, destacándose as ciencias da saúde, as humanidades, as enxeñarías, as ciencias económicas e empresariais, as ciencias sociais, as tecnoloxías da información e comunicación, as ciencias ambientais, os recursos naturais, e o dereito, entre outras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.