A Xunta anuncia unha rebaixa nocturna das súas autoestradas e pide que Audasa faga o mesmo na AP-9

Os vehículos que circulen entre as 00.00 e as 06.00 da mañán pagaran a metade do importe na autoestrada Coruña-Carballo e Vigo-Baiona. O custe para o Goberno galego será "dun cuarto de millón de euros".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2019 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves unha nova bonificación do 50 por cento por viaxe para os vehículos lixeiros e pesados que circulen polas autoestradas galegas --AG-55 (A Coruña-Carballo) e AG-57 (Val Miñor)-- en franxa nocturna e de madrugada, entre as 00,00 e as 6,00 horas.

Cabinas de peaxe da autoestrada AP-9
Cabinas de peaxe da autoestrada AP-9 | Fonte: EP

Unha medida simbólica que, segundo as previsións da Xunta afectará a 200.000 vehículos, coa que tenta presionar a Audasa, concesionaria da Autopistas del Atlántico,  para que faga o mesmo na AP-9. De feito, o propio Feijóo suliñou que o custe que terá para a Xunta esa bonificación será "dun cuarto de millón de euros", e dicir, en torno a 250.000 euros.

A rebaixa, segundo indicou o xefe do Executivo autonómico tras a primeira reunión do Consello da Xunta do novo curso político, aplicarase a partir do próximo 1 de outubro. "Incidimos en mellorar a seguridade viaria e abaratar unhas autoestradas, as da Xunta, que xa son as autoestradas con peaxe por quilómetro máis barato de España", sentenciou Feijóo, antes de engadir que "se pode e debe facer" política de bonificación de peaxes para quen usan de forma continua estas vías e tratar de reducir accidentes nocturnos.

"Pensamos que era necesario dar este paso, hai moita actividade económica en ambas as zonas e por iso cremos que é bo para todos os usuarios. Aquí úsanse estas autovías para acudir ao Porto Exterior e ao Polígono de Sabón (na Coruña) ou ao de Porto do Molle (situado en Nigrán --Pontevedra--)", indicou.

AP-9

Ao tempo, defendeu que o modelo galego é "extrapolable" á AP-9 e instou ao Goberno a atender ás recomendacións da Xunta neste sentido. Como catro puntos principais, Feijóo instou a traballar para que, en Autopistas del Atlántico, se aplique unha bonificación a vehículos pesados.

Tamén para que os usuarios das infraestruturas non sufran "subidas" que non sexan as derivadas do IPC, así como para que os condutores frecuentes vexan bonificada a súa tarifa, e se aplique un desconto do 50 por cento en horarios nocturnos.

Autoestrada AP-9, Audasa, grupo Itínere. ITÍNERE - Arquivo
Autoestrada AP-9, Audasa, grupo Itínere. ITÍNERE - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta