A gaita galega tamén viaxa coa Xunta a Arxentina

Cristina Pato será a encargada de tocar este instrumento nun encontro de músicos no que participa a Secretaría Xeral de Emigración.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2019 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A artista e gaiteira ourensá Cristina Pato participou, xunto con outros recoñecidos músicos galegos, nun concerto organizado no Teatro Auditorium Centro Provincial das Artes no marco dun encontro de músicos galego-arxentinos na cidade de Mar de Prata.

A xornada contou coa presenza do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, que destacou a importancia de iniciativas como esta para "pór en valor a cultura galega no conxunto da colectividade".

Miranda quixo resaltar a "permanente implicación e accesibilidade" dos músicos galegos participantes para facer posible este tipo de iniciativas que achegan ás colectividades da diáspora "unha parte fundamenta da cultura e a tradición" de Galicia.

Do mesmo xeito, o secretario xeral relacionou este encontro coa "capitalidade cultural" da Galicia exterior que ten Mar de Prata durante estes meses ao redor da exposición 'Rosalía', de José Solla, no museo de arte contemporánea.

Cristina Pato nun encontro de músicos galego-arxentinos en Mar da Prata.. XUNTA
Cristina Pato nun encontro de músicos galego-arxentinos en Mar da Prata.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta