Temas: FRASEOLOXíA

“De donas” ou “de a donas”, equivalentes do castelán “a la mujeriega”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 29/09/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Xa que o prometido é debido, e que no anterior artigo dixemos que nos iamos ocupar das locucións que en galego se utilizan para dar conta de que alguén vai sentado nunha cabalgadura (ou mesmo en certas cousas susceptibles de seren montadas, coma por exemplo nunha moto ou nunha bicicleta) coas dúas pernas do mesmo lado da montura, ímonos meter en faena:

Pezas de roupa feminina antigas usadas polas mulleres galegas
Pezas de roupa feminina antigas usadas polas mulleres galegas | Fonte: Museo do Pobo.

(Montar/Ir) A la mujeriega && (Montar/Ir) A mujeriega && (Montar/Ir) A asentadas

{= Cabalgando ou montando unha persoa coas dúas pernas sobre o mesmo lado da montura.}

(Montar/Ir) De a donas

(Montar/Ir) De donas

Ex.: Uno de los más vivos recuerdos que tengo de cuando era pequeño es el de mis padres en nuestra vetusta moto: mi padre, delante, conduciendo, y mi madre, atrás, (montada) a la mujeriega.

Unha das máis vivas lembranzas que teño de cando era cativo é a de meus pais na nosa vetusta moto: meu pai, diante, guiando, e miña nai, atrás, (montada) de a donas de donas.

Ex.: La más joven de las hijas iba a la mujeriega.

A máis nova das fillas ía de a donas de donas.

● Mesmo tamén:

Montar # Ir de muller && Montar # Ir á muller

Ex.: Unha das máis vivas lembranzas que teño de cando era cativo é a de meus pais na nosa vetusta moto: meu pai, diante, guiando, e miña nai, atrás, montando de muller montada á muller.

Ex.: A máis nova das fillas ía montando de muller ía montada á muller.

● E inda incluso:

(Montar/Ir) Á mulleranga

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Asociación de Escritores en Lingua Galega: Sección “Palabras con memoria”, á que se pode acceder a través de Internet no enderezo seguinte: https://www.aelg.gal/palabras-con-memoria.

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta