Rexistran a casa do avogado de Sito Miñanco nunha operación contra o branqueo

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 21/10/2019 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

A titular do Xulgado Central de Instrución numero 3 da Audiencia Nacional Maria Tardón autorizou a entrada e rexistro de varias dependencias, incluída a vivenda do avogado Gonzalo Boye, avogado do narcotraficante galego Sito Miñanco e coordinador da defensa xurídica do expresident Carles Puigdemont, fuxido a Bélxica, no marco dunha operación contra o branqueo de capitais.

Segundo informan en fontes xurídicas, axentes da UDEF, Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal, están ao cargo desta operación que persegue un delito contra a saúde pública. As actuacións están baixo segredo, segundo as mesmas fontes.

José Ramón Prado Bugallo, coñecido como Sito Miñanco, foi detido e enviado a prisión en febreiro de 2018. En outubro do exercicio pasado o narcotraficante galego foi xulgado por branqueo de capitais. Neste xuízo estivo representado polo letrado Gonzalo Aboie.

Miñanco foi condenado en xaneiro deste ano pola Audiencia de Pontevedra como autor dun delito de branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas a unha pena de catro anos de cárcere e a pagar unha multa de seis millóns de euros coa responsabilidade persoal subsidiaria para o caso de falta de pagamento dun ano de prisión.

CONDENAS

En concreto, a Sección Segunda da Audiencia Provincial impuxo a mesma pena de prisión e multa á primeira esposa de Miñanco, María Rosa P.N.; á maior das súas tres fillas, Rosa María; a súa excuñada, Josefa P.N.; e ao empresario José Alberto A.M..

O tribunal, ademais, acordou a clausura definitiva da entidade Inmobiliaria San Saturnino S.L., á que considera "o eixo ao redor do cal todos os acusados levaron a cabo o delito de branqueo de capitais", e decretou o comiso da totalidade de bens adquiridos con diñeiro procedente do narcotráfico.

Gonzalo Boye, avogado de Sito Miñanco
Gonzalo Boye, avogado de Sito Miñanco | Fonte: EP

Os maxistrados consideran acreditado na sentenza que "sen distincións entre eles", todos os acusados "participaron activamente de forma fundamental no conxunto de actos a través dos que pretendían lavar o diñeiro procedente do narcotráfico".

DECLARACIÓNS

A xuíza da Audiencia Nacional María Tardón citou a declarar o vindeiro mércores, 23 de outubro, ao avogado Gonzalo Boye e a dous supostos testaferros no marco da investigación. A titular do Xulgado Central de Instrución número 3 ordenou a comparecencia dos tres en calidade de investigados despois dos rexistros practicados desde primeira hora da mañá deste luns en Madrid, tanto no domicilio do letrado como noutras dúas propiedades dos dous supostos testaferros, todas en Madrid.

Boye, que defende ao 'narco' galego e na actualidade é coordinador da defensa xurídica do expresidente catalán Carles Puigdemont, estivo presente no rexistro, que practicaron axentes da Unidade Central de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) da Policía Nacional e non concluíu en ningunha detención.

Esta investigación e os rexistros practicados, segundo detallan as fontes consultadas, non teñen nada que ver coa defensa xurídica que presta Boye a Puigdemont, contra quen se volveu a emitir unha orde europea de detención a consecuencia da sentenza do 'procés' que agora ten que resolver a Xustiza belga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 chanchullada

chanchullada.....

1 Gamela

outra metedura de pata... Gonzalo Boye poderá alegar "obstrucción" nos dereitos do seu defendido Carles Puigdemont ante a xustiza belga ! e así poderá seguir manipulando o tema dende a súa mansión en Waterloo (que pagamos todos!) // Para os que seguides a considerar a sentenza do TS algo nunca visto... podedes comprobar como existe a Vía Pujol para que pasen o Nadal en familia (?) https://www.elmundo.es/espana/2019/... Como sigamos así imos ter que estudar Dereito e facer un master en Internacional!!!!