Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2019 | Actualizada ás 19:00
Vox recorreu o plan de cobertura da campaña electoral da Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG) ao considerar que "prexudica inxustificada e gravemente" á formación "ao non recoñecelo como grupo político significativo". Vox A Coruña argumenta nun comunicado que non se lle teña en conta nesta cobertura a eles e si ao BNG que tampouco obtivo representación pero ao que o ente público considera un "grupo representativo", tal e como informou Galicia Confidencial este martes.
E é que tanto o BNG coma En Común denunciaron o plan de cobertura da TVG por tentar minimizar as eleccións do 10N. Vox tamén se suma agora a esta denuncia argumentando que, como o BNG, eles teñen que ser considerados "grupo representantivo" porque sacaron "resultados similares" --houbo unha diferencia de menos de preto de 8.000 votos entre ambas as formacións--.
A formación que lidera Santiago Abascal argumenta que o Bloque, do mesmo xeito que Vox, non obtivo representación nas pasadas eleccións xerais do pasado mes de abril. Deste xeito, lembra que nas xerais lograron o 5,27% dos votos no catro circunscricións e argumentan que pasaron o limiar do 5% que marca a Loreg para o reconomiento da condición de grupo político significativo.
Así, Vox censura a "utilización partidista dos medios de comunicación públicos" e critica que o plan da CRTVG incumpre os principios de garantir "o pluralismo político e social, a igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.