Bescansa apoia as demandas dos traballadores do Sergas e urxe construír Goberno para atendelas

Critica o Sergas como "exemplo catastrófico de xestión" que prioriza "a rendibilidade, a escuridade e o aforro" nas formas de contratación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2019 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A cabeza de lista de máis País pola Coruña, Carolina Bescansa, situouse este xoves á beira dos profesionais sanitarios do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que levan meses demandando mellorar as condicións da sanidade pública. "A defensa dos servizos públicos necesita de forma inmediata e urxente a construción dun Goberno responsable e comprometido" coa sanidade pública, asegurou a candidata ao Congreso tras unha reunión co colectivo de 'Enfermeiras en Loita' en Santiago de Compostela.

Entre outras cousas, a agrupación de traballadores trasladou á política coruñesa que "os malos tratos do persoal sanitario é uns malos tratos á sanidade publica. A defensa do 'status quo' dos traballadores" resulta esencial neste ámbito.

A poucos días da repetición electoral, Bescansa --agora en Máis País xunto a Íñigo Errejón e co-fundadora de Podemos no seu día-- subliñou algunhas das "necesidades" do Estado Español. "Precisamos un Goberno que poña en pé a calidade da sanidade", algo que ao seu xuízo a maioría social xa demandou "hai moitos meses", nas urnas o pasado 28 de abril.

SERGAS, EXEMPLO DE "XESTIÓN CATASTRÓFICA"

En concreto, a candidata pola Coruña arremeteu contra o Sergas, "o mellor exemplo dunha xestión catastrófica que pon, por encima de calquera criterio, a rendibilidade, a escuridade e o aforro na forma de contratación de todo tipo de servizos". Para ela, o servizo galego "bota polo desaugadoiro os dereitos dos traballadores" e de toda a cidadanía como "pacientes e usuarios" da sanidade pública.

A candidata de máis País ao Congreso pola Coruña, Carolina Bescansa, xunto representantes do colectivo 'Enfermeiras en Loita' en Santiago. MÁIS PAÍS
A candidata de máis País ao Congreso pola Coruña, Carolina Bescansa, xunto representantes do colectivo 'Enfermeiras en Loita' en Santiago. MÁIS PAÍS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta